Outubro 2017

03-10-2017

catalunya republicana

 


unha parella na folga xeral catalana
corta unha estrada sentada darredor dunha mesa
accion na busqueda da independencia e tamen
para liberarse da monarquia-franquista espanyola
e que paradoxo moven as fichas monarquicas do xadrez
mentres miles de persoas se manifestan en catalunya
contra a represion e a brutalidade policial do pp

poucas horas despois o segundo rei das espanyas

sen ter unhas palabras para os centos de feridos 
botou o seu choro e as suas mentiras na television!

e o outro rei que nos impuxo o fascista non di nada ?

saude e republica con liberdade



02-10-2017

fillas e netos de l'estaca

 


minyas compas da estelada
companyeiros catalans
dos pirineus até o mar
baixan libertarias augas
un de outubro coa palabra
votar baixo a represión
foi botar con máis razón 
tumbaremos máis estacas

de girona até fisterra
entre gernika e tarifa
liberdade non se rifa
non queremos mais miserias
capital monarquia guerras
tumbando estacas e muros
construimos o futuro
das de abaixo son as terras

minyas compas da senyera
meus compais dos castellers
vos ponyedes moita fe
bo traballo e sementeira
un de outubro coa palabra
votar baixo a represión

foi botar con máis razón 
tumbaremos máis estacas


mencer 2 de outubro
manolo pipas



01-10-2017

votando baixo a represion

 


e catalunya votou
a pesares da grande represion
e o goberno espanyol foi un exemplo
dun violento goberno cuase fascista
e catalunya un exemplo de desobediencia
e resistencia civil non violenta
mais de oitocentos feridos e a policia
nacional e a guardia civil demostraron
ser asasinos en potencia

e os mossos nalguns casos defenderon o pobo

que para iso foron creados e como no abril

portugues recibian flores e abrasadas


en apoio da catalunya democratica

en moitas cidades fixemos votacions simbolicas

e voltamos a ocupar as prazas e as ruas hoxe
ilegalmente e en vigo non vimos a ningun
violento do goberno que estan en catalunya


nestas ultimas semanas en todo o estado

l'estaca como no final da dictadura
e no tempo da transaccion voltou ser

un hino pola liberdade e o internacionalismo

porque seguiu a dictadura con outro nome


Si jo l'estiro fort per aquí
i tu l'estires fort per allà,
segur que tomba, tomba, tomba,
i ens podrem alliberar.


o cronista



01-10-2017

medioambientais versos

 


mais versos das palestras ambientais
na comunidade de montes de coruxo


nos conflictos coa fauna salvaxe
o lobo é coma un simbolo
el  moi presente na cultura popular
o lobo pai do can o noso
animal mais domestico
que neste tempo non comemos
pero que nos castros se comeu

o xabarín tamén é outro símbolo
o pai dese outro animal
domestico que tanto comemos

e o lobo mata animais domesticos
e o xabarin destroza os cultivos
porque hai un desequilibrio no medio
pero matalos sobre todo é un negocio
mais furtivo que legal
hai que matar os lobos di o pp
logo de moitas mentiras

os lobos son animais mui intelixentes
carnivoros sociais que van en manadas
mui xerarquicas cun macho dominante
mesmo igual que o pp o psoe e outros

pero os lobos non fan dano nen matan
por pracer nen son corruptos
nen rouban nen minten nen prenden
lume nos seus-nosos montes

e o salmón é outro simbolo
peixe contra-corrente coma nós
que regresa onde naceu para
morrer pouco despois de sementar 

     .   .   .  

senteime na mesa coa ponente
e o presentador e cando falamos
sentados cambia un pouco a palabra
e ainda mais sen o apoio da imaxe
e ollar para vos aportanos
o que sentides e as vosas olladas
centradas na compañeira que fala

a nosa historia é un cúmulo
de dominacions di begoña

crise de sostenemento e coidados da vida

o sistema non pode parar
pero tampouco seguir este ritmo

que vida merece ser vivida?
debemos camiñar fortalecidos logo dos golpes

temos que imaxinar o futuro
e prepararnos para o qeu nos pode pasar

o estado está socializando as perdas
e privatizando as ganancias

no colectivo moi importante
a cooperacion a solidariedade...
queremos traballo ou queremos
satisfacer as nosas necesidades

ecofeminismo decrecemento ...
poñer a vida no centro
a vida do planeta a de todo o mundo
no centro os coidados das persoas
e da terra

o poder reside nas persoas
o poder de decir non
de educar ...
o poder colectivo
é mui potente


e seguiu o convivio
e mais froitos da terra cociñados pra cea
e a auga recollida as froitas exprimidas
ou fermentadas degustado todo
co directo da musica da terra dos chavellos
e veu mais rapazada e paxaros e xogos...


a david alvarez begoña miño
afonso ruben eva ruth...a comunidade
de montes fontaiña e matogueira

manolo pipas