13-6-2026

da ulloa a arousa

 

dende a ulloa até o mar
polas que somos e as que serán
berramos o pasado novembro

o val do ulla a ulloa
de palas de rei á golada
e río abaixo até catoira
todos os vales e serras
repeten a mesma proposta

arcolitos non 
celulosas e altri non
dende a ulloa até o mar
polas que somos e as que serán

e mañán pola defensa da ulloa
e da ría de arousa xuntarémonos
na illa que da nome a ría

o val do ulla a ulloa
río abaixo ate catoira
e toda a ria de arousa
e todas as rias e costas
e galiza toda
repete a mesma proposta

arcolitos non 
celulosas e altri non
e mina de touro e o pino non
dende a ulloa até o mar
polas que somos e as que serán