29-12-2014

21 a cativa e a rotonda

 


unha destas frías tardes

camiñando o paseo de castelao

baixo os álamos e os bidueiros

dille unha cativa a súa nai

-mamá quero ir xogar

á rotonda con aqueles nenos

-non filliña que non pode ser

xa logo ti vas ver como está

a nosa rotonda pecharona

porque os malos gobernantes teñen

medo dos adultos con conciencia

e das cativas que queren xogar

 

o cronista