06-3-2013

dos plantons triquis




dous anos e pico despois da ultima viaxe

o plantón ou campamento triqui de copala
segue ocupando a praza perto do zócalo
da cidade de mexico pedindo xustiza
e nese inmenso zócalo durante dias
estivo ocupado polas carpas do exercito
coas suas pequenas maniobras e mostras

na cidade de oaxaca o plantón de copala
foi levantado xa en varias ocasións
e agora ocupa de novo o zácalo
parelelo as movilizacións do maxisterio
estes días na praza central da capital
mentres o espacio dos outros triquis
segue co apoio do represor goberno

complicadísimo conflicto
nunha rexión onde o goberno
meteu armas hai coicoenta anos
e segue o saqueo de terras e minas
e polo municipio de copala
as ultimas agresións foron
na comunidade de s miguel
e de copala neste espacio son varias
as crónicas e elexías nas viaxes
e na distancia nas ausencias

camiñando o centro histórico
atopo algúns dos musicos da rúa
e das esmoleiras de hai dous anos

polo zocalo atopeime
ao vello amigo poncho robles
e xa nos pasa unhas décimas


como hai dous anos...

manolo pipas
zócalo de oaxaca