Xuño 2013

16-6-2013

calida louza




exposicion de louza de autora

moitos detalles pinceladas
de viño tinto
a taza branca
e neste prato de formas
e dóces cores cálidas
so fica o teu anaco
de sabrosa tarta

manolo pipas

en alfar h cortés 4
presentada a louza
de puri alonso


15-6-2013

ogallá decidirades as mulleres




aborto libre e gratuito

as mulleres decidimos
manifestación mañán domingo 16
de xuño as cinco da tarde
na estación de tren de compostela

ogallá decidirades as mulleres
que deciden presidentes e banqueiros
e un inxusto ministro de xustiza
que nos está levando ao franquismo
e que como home non sabe
o que é enxendrar e parir

ah en alemania manda unha muller
como nalguns recunchos deste pais
pero alguns malos pensamos
que son uns homes disfrazados

aborto libre e gratuito
ogallá decidirades as mulleres

o cronista


14-6-2013

medico poeta




lugo praza maior

a sombra de luis pimentel
medico-poeta poeta-medico
esa grande humanidade
a cidade e os cativos
as artes as arbores

lariño



12-6-2013

memorias dunha republicana




“Xa ves que sigo coas miñas lecturas

e practicando o meu idioma. Que pracer!
Xa ves que intento recuperar a miña lingua,
a que me arrebataron os “salvadores
de España”, criminais, o que fixeron de min”.

Roubaronlle a sua lingua, apartarona
da sua terra coa que segue soñando cada noite:
soña que regresa, que pasea polas ruas coruñesas
e que chega a praza de María Pita desde onde olla
para a xanela da oficina onde traballaba o seu pai.
E cada mañá despois desta viaxe arelada,
esperta, cansa e atristurada

Teresa Alvajar López,
memorias dunha republicana,
edicion de Aurora Marco
en laiovento ensaio

na emotiva presentacion de onte
tamén se proxectou o video
Teresa Alfajar. Compromiso
e paixón pola terra, de Pablo Ces

saude galeguismo e republica


10-6-2013

puñado de terra




quiero saludar a todas las manos

que han sembrado aquí

                   natalia contesse


as nubes chilenas choven
sobre as beiras desta ría
foi moi longa a travesía
fortes os ventos que as moven
auga e terra esta xoven
libera profundos trovos
mestizaxe do seu pobo
entre cuecas e tonadas
guitarra e voz ben templadas
a filla do lume novo

manolo pipas

a natalia contesse e banda
polo concerto na fundacion
sales xardin arboretum
e os discos corra la voz
e puñado de tierra


10-6-2013

tonada de natalia




después de la lluvia


Camino por campo abierto

me van diciendo los valles
respondo que no se callen
porque nos conduce el viento
vengo bajando a tiempo
porque es el tiempo del arte
es el tiempo que se cante
al agua y a sus intentos

Porque la lluvia es infinita
y bajo la piel corre y palpita

Es tiempo que cante el viento
a quien lleve su guitarra
a quien comparta su jarra
con ella su entendimiento
de lo simple y del portento
de todo lo que ha cresido
lo que se ha guardado en nidos
para el que camine atento

Para las aguas del mundo
un arco iris entrando
sumergiendose en su manto
siete colores me hundo

Porque la lluvia es infinita
y bajo la piel corre y palpita
ay si ay si

natalia contesse

do disco puñado de tierra
nataliacontesse.scd.cl


09-6-2013

chorros de sensibilidade




na tardiña a fonte do paseo

está tocando unha nova melodía

as cordas están a pintar un cadro
dez pinceis aloumiñan a arpa

un trio de húmidas e cálidas fusións
manan as cores as melodías as formas
david e luis chorros de sensibilidade

lariño

musica david muñoz
pintura luís baltar


08-6-2013

nais contra a impunidade




nais contra a impunidade

noite do xoves en compostela
no soto do ateneo trinta a musica
e na tarde foi presentado o colectivo

o garcía canta para elas e nós
e convídame a recitar un poema
saen algunhas palabras e versos
que quedaron alí e que me arderon
por momentos no día de onte

as nais son as que dan a vida
nós so podemos acompañala...
sairon as palabras e recito un poema
deixo o micro e volvo ao colectivo
e unha nai dame unha apertaaa
unha colectiva aperta por ela
pola outra nai polos seus fillos...

segue a cancion do bitxo bola
coas nais pola memoria e a xustiza
para os seus fillos mortos
custodiados polos carceleiros

nais contra a impunidade
polos seus fillos

manolo pipas

para pastora e carmen
na memoria de xosé
tarrío e diego viña

07-6-2013

da fuxida




sobre a muralla da tua cidade

corre unha muller anonima
na tarde do xoves

lonxe destas pedras cheas de vida
ti segues fuxindo de todos nós
porque corres!?

lariño


06-6-2013

animaliños




o papamoscas

é un paxaro que come
estes pequenos insectos

o papaventos é un animal
mitoloxico que devora
eses máxicos elementos

e o papanata é un humano
que mal se alimenta deborando …
un animal que perdeu a sua maxia       

   

04-6-2013

paredes e imaxes




cada certo tempo
que as veces son anos
cambio os cartaces das paredes
na casa vou cambiando as memorias
a foto do castell dos compas de terrasa
deu paso ao deduxo do calendario mexica
e este á fotografia dun tigre na auga

noutras paredes da casa
hai mais fotos e cartaces
e outras vellas e novas estampas
que co tempo poden cambiar
hai tapetes e carátulas de vinilos
os mapas de karnota e do país da nubes
e copias e cadros orixinarios

imaxes que atopo
outras que me regalan
unhas poucas que me persiguen
pero son mais as que me acompañan

a branca cria de foca artica
deu paso á gueparda coas crias
e este poster que levaron
a sua casa a cativa e o chamaco
deu paso ao castromil dos titiriteiros
que está cheo de rapazada

o debuxo da muller de oaxaca
atopou por fin o seu lugar
e a tua boneca por acá anda
e so lle falta falar
                   
lariño



03-6-2013

seis meses




non sei que musica

acompaña estes versos

seis meses despois
pero demasiado tarde
puiden manifestar
a miña dor

cantos silencios
esconde o teu sorriso
acabache con case todo
e entre nós so queda
un pequeno fío

pero se estabas mal
e eu pouco podía facer
fixeche ben en marchar
que vaia ben o camiño

lariño