verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
estivemos onte no cunqueiro
nese macro-hospital-tanatorio-terminal
-de-aeroporto-cidade-dos-enfermos...
apoiando outra causa perdida
a escasez de sanitarios que nos atendan
como podía ser os defectos das instalacións
e entramos en uxencias a botar un ollo
por se un día nos toca darlles traballo
marchei dalí cun ollo irritado
que choraba sen razón coñecida
e foi a máis e mentres durmía
se me pegaron os párpados
e hoxe pola mañán no centro de saúde
como a médica que me toca é na tarde
atendeume unha médica “deslizante”
e díxome que tiña conxuntivitis
cunqueirá ou do monte de valadares
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)