15-4-2026

sandia froita palestina


redonda como a lúa chea e nova
como unha colorista asemblea
a sandía a froita de palestina
verde branca bermella e negra
e orixinariamente tiñan
negras sementes todas elas

sandia negra branca verde e bermella
agora símbolo da súa terra e loita
dende o río até as mareas

cando foran proibidas as bandeiras
en palestina empezaron
a empregar as sandías como protesta

     outono 2025