07-3-2016

unha carta da inxustiza

 

 

 

chégame un sobre a casa

da inxustiza o remitente

seiscentos un euros multa

por subirse no alfageme

 

outra chégalle ao pirata

coa cantidade mesma

pola bandeira no mastil

eu por botar uns poemas

 

el pirata eu piratón

daquela entrañable radio

nós somos mui pouco amigas

se non subimos a un barco

 

di a acusación de abel

que os goas nos berraron

que baixáramos dez veces

mentira se son uns vagos

 

unhas tres veces pediron

e cando baixar quixemos

mandaronnos agardar

por algún mando chusqueiro

 

a letrada rotondiana

pregunta se recurrimos

gañar sería un milagre

pero é bo o teatriño

 

asemblea e amistades

que pensades destes feitos?

multas e golpes que caen

so por defender dereitos!

 

o cronistadecoia