06-9-2014

unhas bolboretas de cor de rochi e chus



Bolboretas de cor

para tapar as palabras que se calan.

Delicada caricia, mirada penetrante

lanza chamas de fervor

repta sen tocarche

atravésate con so mirarte.

De entrega amable e servil

feiticeiro réptil

con arcanos lamentos

que selaron o desquite

desaparece agora na sombra

Fuxo aí da cor que tece

a auga do teu ceo

dos reflectir das túas pegadas

das curtidas deidades

sementadas no tempo hipotético

que nos tocou vivir.

Agora paseo como zombi

baixo o influxo da lúa chea

sen atopar a figueira

onde poder repousar.

E se a álcena garda unha besta?

E se unha momia pinta un lenzo?

E se as bolboretas non se van?

Bolboretas de cor

para tapar as palabras que se calan

 

rochi nóvoa


                                 imaxe da chus láuzara

                               que expón en redondela

                                      na casa da torre