27-9-2012
cismando máis na beira
Non sei que pena dá non ser nas ondas e nós andar tan lonxe, tontamente,vivindo nos conceptos, sendo monstruos,cismnado, matinando, repensando, erguendo máis cidades e máis odios, cando berramos e imos, “ruido e furia”,poñendo máis instancias e denuncias,e non nos saúdamos, e esas ondas, precisamente as ondas, sen pensalo,saúdan polos aires co escumallo,e nós choramos, rimos, aplaudimosata queimar a pel e quedar roncos,bailando extrañosritmos como tolos.Non sei porque cravamos tanto a vista, pinchando inutilmente, porque o choro e os libros e as ideas, tanta historia.Non sei que pena da non ser nas ondas.bernardino grañapoema de profecía do mar á beira da ria en cangas naceu hai oitenta anos parabens bernardino