19-12-2011
mar ao fondo
![](http://www.envolventesaspalabras.info/sites/envolventesaspalabras.info/files/imagecache/300/15%20mar%20ao%20fondo%20lara.png)
MAR AO FONDO ESCENA 0 ILLA ATLÁNTICA Magritte e os cantís resoan coma un peite de Chillida falando con Ulises. O tecedor de tempos –o noso Urbano cosmopolita— adiántase (de novo) e recolle o testemuño do único que non esmorece e sempre vale: o humilde instante libre. Campá-caramuxo, poética pictórica mural —isto é, xigante— como pano de fondo antes de chegar a musa. Musa: Lémbrome de ti cando escribes de teu,cando comes dun cadro, bebes un grolo, falas libre e vives contigo e no mundo sen min. Coro: E nós de ti, musa do argazo que nutriches o pobo con illas de Lugrís onde repousar os soños e o futuro. Musa: Falaba con el, mesmo que nunca me (a)sentía... Sigo adorando a súa palabra-pincel na rúa, no pan, no aire. Nos muros que ogallá falasen..! laradoartexto de lara domínguezpara o cadro de urbano lugrís homenaxe aos músicos do mar publicados en a nave das ideas