Agosto 2013
18-8-2013
turistas que disfrutan a medio día da cidade agora seguen a música e logo botan un bailelariño
17-8-2013
na praza as gaitas a tocar a fonte vai perdendo auga e as pernas desta rapaza queren danzar lariño
16-8-2013
nunca estiven no voso paísnon coñezo a vosa linguacoñezo mui pouco a vosa relixióncon todas as súas tencenciascon moitas das suas divisiónsna casa agora escoito a vosa músicaos instrumentos de cordas e pelexos os vosos dedos mans e voces imaxino os vosos corpos a danzar a comunidade e esa inmensa alegríapero que non está no presentelogo irei a algunha praza sentareime nunha solitaria mesa e tomarei un té moruno pensando en vós que vos estades a matarás beiras de toda a historia do milenario baixo río nilo co máis grande dos sen-sentidos o cronista
15-8-2013
primeira pequena proposta para construir a paz no planeta auga-terraque inglaterra devolva o peñón de gibraltar a andalucía que o estado español devolva ceuta e melilla aos seus veciños que marrocos devolva o sahara aos pobos saharaüise os pobos saharaüis non sei se teñen algo para devolver a alguén o cronistaimaxe da jaima do encontro galego saharaui do ano pasado
13-8-2013
o treceese maltratato díaesa ovella negra libre e contracorrentetrece e martes e a lua que doecompañeiracalquera dia pode
deixar o seu ronsel a sua memoria trece meu amigolariño
12-8-2013
o pequeno cuncoé o bebedeiro do gatopouco toma o felinoe o vello granito tamén vai chupando o líquidoe esta calor levase outra pouca auga do pequeno cuncolariño
10-8-2013
o festival de poesía do condadona galiza nestes días de agostoeste encontro que tanto ten dadoagora está pedindo uns apoioseles teñen a experiencia e o espacioas gañas o tempo e a enerxíapero faltan os necesarios cartospara seguir con esta travesíano sitio verkami de interneteestá aberto un rincón de apoionós que nos fiamos pouco da rededaremoslles na man alguns ouros en salvaterra de miño o teu espaciona rede http://scdcondado.orge verkamifestivaldapoesiadocondadoenvolventes
08-8-2013
a toalla deste tendalquen sabe se na noiteou hai unhas poucas horaspuido secar a unha parellalogo dunha estampa parecida a do seu cálido debuxolariño
06-8-2013
o noso camiño de ida e voltade fora para dentrode dentro para fora as liñas entrelazadasa flor e as suas pétalaso vexetal e o animalo pelexo e a madeira verde e bermello sobre brancoo circulo da musica e da arte
pandeiro que agarda unhas mans que sone o círculo da comunidade
05-8-2013
unha semente que xermolou medrou e florece cada ano a árbore do festival de pardiñastardei demasiados anos en voltará festa e feira da musica e da arteos concertos e a mostra de instrumentos de musica tradicional a feira de artesanía …e entre os dias e a noite se cadra non houbo un momento no que parase a musica dixome alguen que non se deitoudo sabado para o domingo este ano non podía faltar en pardiñasna presentacion do guiero catorceun libro de homenaxe a xosé seivane no que están incluidos os meus versos e neste pequeno palco fixose o evento e puiden recitei dous poemas que foron publicados neste espaciona imaxe un duo tradicional do bierzoventos e percusión que é un trío galegoa informacion do festival na sua bitacora xermolos.orgmanolo pipas
03-8-2013
a miña sombra no barco que pasou dunha beira a outra da nosa ría palabra poema
lariño
02-8-2013
imaxinarios estes corposcun so olloollan ao cronistae ao fotógrafoe se cadra nos están ollando a todoso cronista