Agosto 2013
31-8-2013
mentres avanza a noiteagardo por un correo da miña amiga que non me chega mentres a noite avanzaagardo por uns versos da miña amiga agardo unha entregamentres se perde a noiteagardo por un correo da miña amiga que xa non chega lariño
30-8-2013
arde a serra da groba no rosal apagouse o lume a metros dos muiños do folón prenderon lumes perto do galiñeiroe no monte aloia ….desta vez non foi un tolo ultimamente non son descuidos non deben ser os gandeiros nen tampouco as madeireiras moitos dos incendiarios dos ultimos anos non saben porque prenden os lumes un intermediario págalles sen decir para que queren queimar o montena serra da groba e noutros montesserán as eólicas e as mineiras as que pagan por matar tanta vida !?no norte de portugal estes días
morreron no lume cinco persoas
entre bombeiros e voluntarias
o cronista
29-8-2013
como vedes na imaxeá desobediencia do cartaz do festival da poesía atopeina entre reixasfestival da poesia do condado 30 e 31 de agosto en salvaterrapoesiaaurora ceibe elvira ribeiro chus pato celso f. sanmartín nolim gonzalez dores tembras a. pexegueiro márcio-andréséchu sende maria rosendo e mário regueiramúsica mónica de nut e virxilio da silva
a magnifique band dos homes sen medobanda hospitaleira do minhomalandrómeda sacha na hortabigote mix vs caldeiradaexposiçons charlas audiovisuais artesanato colectivos ...http://scdcondado.org/
28-8-2013
hai concoenta anos foi o famoso discurso do dirixente negro martin luther king pola igualade de dereitos e oportunidadeso mulato presidente deste pais co seu cinismo atrevese a lembralo no mesmo lugar este premio nobel da paz que se vai meter noutra guerrao cronista
28-8-2013
onte no cimeterio de pereiróhomenaxearon ás persoas asasinadas darredor dos seus muros e na cidade de vigo polos fascistas do ano 36 en diantehoubo unha homenaxe dos da paz autentica e republicana pola tarde e pola mañán os do psoeos mesmos que non queren derrubara cruz fascista do castro fixeron o seu acto de cinismoo cronista
26-8-2013
mentres sonan musicas e poemas na cova dos ratos nesta imaxea poesia co condado en salvaterracada festival co seu libro e duas copas de viñoentre libros e cartaces sobre a mesa vémonos no condado á beira do miño
o vindeiro sábado salvaterra entre poemas
pipas
25-8-2013
eles e elas desobedeceron e desobedecenvós desobedecestes e desobodecedesnós desobedecemos antes e agoraela desobedeceu el desobedeceti desobedeceche tu desobedeces eu escribo e recito versos pola desobediencia a cova dos ratos desobedeceu e desobedece o festival da poesía do condado desobedeceu e segue a desobedeceré de xustiza primeiro recoñecer o que fixeron outros antesaprender das suas accións e sumarse a loita que lle toca a caca unna que cada un pode estaras palabras de a xustiza pola mano poema de rosalía de castro ocupa un grande espacio na parede da altura da mesa ate o teitoe un feixe deles podemos poñernos diante del e lelo a coroai a xustiza pola man nestes dias de incendios provocados por uns asasinos do mesmo bandoque os da banka as eólicas as mineiras os do desgoberno …. e tantos e tantos outros que destrozan e saquean o país até que o pobo colla a xustiza pola man desde a cova dos ratos desobedecemosos poemas e as musicas desobedeceno festival da poesía do condado segue a desobedecernós desobedecemos manolo pipas
24-8-2013
o solpor da ría de onte mandalle un sentido abrasoao mencer do río miño ás suas terras queimadas abrasadaspola sen-razón duns criminais estes dias a cidade de ourense amenceu cuberta polo fume no verán do dous mil seis durante varios dias o fume do morrazo queimado chegaba a todas horasá esta beira sur da ria pola sen-razon duns criminais do mesmo bandoo cronista
22-8-2013
a sombra dun banco sobre o edificio doutrocentro da cidade que perdemos na rua dun dos conquistadoresna sombra as letras están do reves asi como o mundo a escura e inmensa sombra da banka e do capitala explotacion os roubos os suicidioso cronista
20-8-2013
o acordeón na prazaque se abre que se pecha tamén as bocas se abren e se pechan cando cantanos dedos en frautas e gaitas pechan e abren furados e os ollos das cativas logo se abrirán un pouco máis pechase este poema e fica aberto para vóslariño
19-8-2013
a musica de raiz na praza non perde detalle a cámara as maiores moi atentas algunha cativa abraiadalariño
18-8-2013
festivalinho en apoio ao festival da poesía do condado na cova dos ratos sabado 24 desde as 6 da tarde ate as 12 da noite na palabra na poesía alba méndez alfonso láuzara elvira riveiro manolo pipas miguel a. alonso nolim gonzalez moncho iglesias oriana méndez anxo cabalo do malo raquel pazos roi vidal e xavier xil xardón na musica e na cancion sobre rodas sanfonas folklore e cancion de autor regueifa de bieito lobariñas e luis o carunchopoesia improvisada e cantada a bagunda folk republicanocarina posse pica-discospequena charla de integrantes da sociedade cultural e desportiva do condadoexposicion de cartazes materiais ...Berramos 'Desobediência'http://bolezine.arkipelagos.net/