onte fomos ver el mundo sigue
a chamada obra maldita de fernán-gómez
director guionista e actor desta película
baseada na novela de antonio zunzunegui
filme de hai cincoenta anos
emitido daquela nun so cine
e que non se puido proxectar máis
apartada polo ministro fraga
e onde o seu autor deixóu
todos os seus aforros
esta obra mestra do realismo
que amosa o auténtico madrid
daqueles anos coas súas miserias
é emitida en trece cines do estado
e onte tamén foi día trece
número algo maldito do que eu gosto
pero non sei que lle parecería
ao mestre fernando fernán-gomez
que aínda non ten unha rúa ou praza
na súa aínda miserable cidade
pipas