nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
meus amantes da cebola veciñas e visitantes
vouvos botar unhas coplas deste bulbo interesante
como vedes compañeiras enrolladas van as coplas
como estraño pergamino como as capas da cebola
cebolas e ceboliños desta barriada de teis
cantos alcouves i eitos canta horta por comer
teis dabaixo teis darriba de chapela até bos aires
ceboliñas e cebolos da emoción vou a chorare
entre a guía e guixar e tamén por travesía
por detrás dos edificios medran moitas ceboliñas
din que vos tedes en teis
unha cebola especial
seica é republicana
irmandiña natural
cheiro forte ten a amiga e sabor algo picante
a cebola nunca falta nos petiscos e xantares
guisos salsas ensaladas empanada empanadillas
fundamental a cebola mesmo tamén na tortilla
nas leiras das nosas rías nos mercados e nos platos
moitas veces vai da man a cebola co seu allo
e non esquezo o prixel kentre alcouves tamén medra
nas talladas non me meto polo respeto aos vexetas
da travesía a chapela teis dabaixo teis darriba…
da emoción vou a chorare misturando ceboliñas
agardo que vos gostases
do encebolado poema
graciñas mistura teis
polas cebolas en festa
nese lugar da ferreira
domingo nove de abril
festa feira ceboleira
eu cheguei un pouco tarde
que viña doutro convivio
dinme que foi saudable
e regalei o poema
as bubelas foron logo
carunchos e lúa chea
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)