Decembro 2018

31-12-2018

brancas e bermellas



en flor as camelias
as árbores do inverno
pétalas brancas e bermellas

en figueirido



29-12-2018

tesouros de papiroflexia



os tesouros da pirata
poden ser papeis de cores
dobrados por mans cativas
para que logo eles voen

voan animais do parque
das montañas e da selva
e alguns imaxinarios
que viva a papiroflexia

lindos tesouros de teis
poden ser uns papeliños
voan pombas e falcons
morcegos e dragonciños...

a rapazada noa yeron noa

bertiño maria ana e serafin

no obradoiro de papiroflexia
e contos na tenda os tesouros
da pirata na barriada de teis
foto de maría salinas
coplas manolo pipas



28-12-2018

da momia de franco


a ese non caido do valle
franco caudillo d’espanya
por la gracia de dios
buscan nova tumba e praza

son as cousas do pesoe
con moitos anos de retraso
e a familia do fascista
non quere mover o trasto

a festa ía ser por xullo
logo dixeron novembro
os fachas andan rabiosos
xa perdimos moito tempo 

descartado na almudena
e tampouco polo pardo
eu proponyo no lokal
de vox pp e ciudadanos

cotizada está esta momia
o bernabéu quere un cacho
tamén a praza das ventas
moitos del van querer algo

o cronista


26-12-2018

penultimas follas



as penúltimas
follas das nogueiras
e o vento xoga e xogará
aínda máis con elas

campo da canteira



24-12-2018

décimas de benedetti


El olvido

El olvido no es victoria
sobre el mal ni sobre nada
y si es la forma velada
de burlarse de la historia
para eso está la memoria
que se abre de par en par
en busca de algún lugar
que devuelva lo perdido
no olvida el que finge olvido
sino el que puede olvidar



Confortación

España    si algún cronista
te acusa de maniquea
torpe inculta pobre y fea
y al término de esa lista
te llama tercermundista
no digas un no rotundo
el riesgo no es tan profundo
y estás en buena compaña
seas bien venida españa
al ardiente tercer mundo


Viento y mar

El viento arrima propuestas
mejores que las de antes
ya no son interrogantes
triviales o deshonestas 
pero el mar tiene respuestas
que improvisa en el momento
y el diálogo es tan violento
que no podré descansar
mientras no se calme el mar
y no se interrumpa el viento

 


mario benedetti



22-12-2018

salgado solsticio

 



a terra o mar os astros
solsticio de inverno
océano rías e costas
e nós tan pequenos

na ría






21-12-2018

vida e morte mar

 

       ás golpeadas familias do mar

         de cambados e malpica

vida e riqueza o mar
nestas tan bravas rías
mariñeiro até mañán

vida e morte a pesca
no atlántico tantas veces
o mar sobe á vosa coberta

mar vida e morte somos
unha pegada a outra mar
como a superficie ao fondo

manolo pipas



20-12-2018

nen unha máis


o campillo é un campo pequeno
pero nesta cruel historia é unha vila
unha vila onde chegóu unha mestra
con ilusións e soños…

voltar do traballo
e sair ao campo a correr
desconectar e cargarse de enerxía
se cadra buscar o equilibrio
pero cando laura
está chegando a casa
atopa a un desequilibrado
e coñecido dos darriba

violento violador

asasino...

como ! por qué ?
e puido ser evitado ?
pode ser que sobraran
algúns policías que mandaron
estes días a pasear catalunya !

nen unha máis xa basta
nen unha menos

o cronista

19-12-2018

formas circulares



óvalo e elipse
espiral e laverinto
pedras e pedriñas
formas fillas
do círculo

na fontaiña



18-12-2018

do outro marquesado

 


oitocentos anos dunha familia

do chamado val do fragoso

un aristócrata sen pazo e catro
machos que ben quixeran selo
presentan o libro del señorío
al marquesado de valladares
a historia contada polos darriba

libro que en boa parte paga
a xunta cos nosos cartiños
e dan pinceladas das nobres
persoas de sangue azul
de guerras e conquistas
nun perfecto castelán agás
unhas frases do señor
conselleiro de (in)cultura
cun exceso do outro viguismo
ese do pp que mal esqueque
que valladares era do concello
de lavadores pois

e os cinco señores caballeros
nada dixeron dos roubos
da explotación e da fame
que sofrían as súas súbditas
nen do dereito de pernada
que hoxe chamamos violación

o cronista dos dabaixo

con raices en valadares


17-12-2018

salgado solpor



paseo á beria mar
salgadas árbores e nubes
e o solpor canto salitre terá ?


na fontaiña 

 

 



15-12-2018

anx-ou cantor do barrio



anxo blas en cartabón
cántanos vivimos en vigo
darredor dos vellos marcos
do concello de lavadores primo

e logo sum-óu á danza
a un do concello de bouzas
o anxo pintos coa zanfona
con manuel maría na fala

entre libros e crianças
muller alacrán tristemente
o lois pereiro e rosalía
e as súas tribos de ou-rense

de lavadores a bouzas
entre cables desdobrado
non para de poñer chispa
anx-óu trovador de barrio

na presentación do disco

vivimos en vigo de anxo blas

fotos anxo lago allvideo
versos manolo pipas
da anexionada coia