Decembro 2018

15-12-2018

libro e autor orfeo canta

 


nova conversa órfica
da introducción poema e copla

 


da obsesión do libro

Este libro ten darredor duns quince anos.
Comenceino a articular nunha época
na que toda unha serie de sucesos fixeron
virar a miña vida, conducíndome
cara novas praxes, horizontes e modos
de enfocar o mundo. Non obstante,
o xermolar da súa palabra inicial,
a radiación que o faría nacer,
tivo tamén un carácter curativo.
No tempo en que comezara a concibilo,
darlle forma, unha persoa mui próxima
a min, con aleivosía, ferírame no máis fondo
do corazón ripándome del un certo ar luminoso
unha apracible calor que me alimentaba.
A dor causada por tal feito introducírase
dentro arrastrándome a sombras ...


...


Señora das augas mentais
dádeme a voz calmada
a forza para escribir as palabras
que construen a visión
e o escuro poder da intelección.
Arquitectas do soño, abrídeme
os ollos e facédeme ver o vento
que moldea os mundos, o seu
inquebrantable tecer que crea

roberto abuín
do libro orfeo canta
iniciación signo & retorno


foi roberto co seu ritmo
...compostela a mazateca
entre almadía e axóuxere
o libro rica conversa

manolo pipas


foto na libraría andel

por xaime nogueira


 


14-12-2018

conversa orfeo canta



decembro trece este encontro
roberto abuín orfeo canta
iniciación signo e retorno

conversa co carlos lema
pola porta do im-pensado
filosofía mito e poema

no andel axóuxere editora
novamente mais poucas veces
e hox foi orfeo coa súa trova

o observador con distancia
o creador coas súas musas
dando forma ao libro-cantata

iniciación signo e retorno
rober carlos e nós orfeo canta
neste xa milenario encontro
viaxe galiza grecia oaxaca…

manolo pipas


capa do libro juan gallego

na foto de xaime nogueira

con roberto abuin e carlos lema






12-12-2018

particulas de memoria

 


o historiador avanza
coa súa sombra
escuras partículas
de memoria

 

 

 

11-12-2018

das imposibles vacinas



dimitiron onte vintedous
xefes dos centros de saúde
da inxusta e cegada
cidade do iluminado
seica polo mui enferma
que está a sanidade pública
e mira ti que neste país
costa muitísimo dimitir
pero cinco non o fixeron
e tamén onte foise vacinar
contra a gripe o presidente
da xunta do pp e da medio

privatizada sanidade pública

ao centro de saúde subín
hoxe e alí hai rumores
de que o seu coordinador
puido dimitir tamén
e de paso pregunto
se teñen a vacina contra
o partido popular ...

o centro de saúde
do barrio está fronte
ao colexio público
e así a rapazada ve
o que lles agarda

se non o privatizan

se non o vacinamos ...

o cronista


10-12-2018

humidas vidas



os amieiros árbores
de terras semiacuáticas
de ecosistemas húmidos
e amigos das anátidas

na bouza

09-12-2018

a ria estaba calma



estaba calma a ría
as nubes gardaron
a chuvia para outro día
cabo udra e as ons
coma sempre
coidando de nós


praia de tuia

 




06-12-2018

cris entre bermellos e negros

 


         a luis e amanda


negras e bermellas
as olladas e as apertas
as emocións bermellas e negras

dixéronme que foi nun mes
como se foras despedíndote
de cada unha das fases da lúa
e nós agora entre terra e mar
coas nubes que pararon a chuvia...

palabras negras bermellas violetas
bermellas e negras os cantigas
barricadas e vilas morenas

a mesa dos teus chea de afectos
terra e rías entre as nubes o sol
seguiremos camiñando coa lúa
e por ti quixeramos pintar
coas túas cores a praia de tuia

manolo pipas



04-12-2018

coro de follas

 


mosaico alfombra
puzzle asemblea
coro de follas

na memoria de cris
na bouza

02-12-2018

aire auga e terra limpas



fomos no autobus da ría do sur
cantando grândola o carro…
e agardábannos ricos campos
agora cruzados por tractores...

nas terras de touro
o río brandelos baixa
mui conta-mina-do
o cobre e outros minerais
estragan a súa vida
a terra non se vende
e cornado mina non escrito
en moitas guadañas de cartón

a marcha saiu desde as aforas
de touro e pasóu polo río
e na vila poucos se deixan ver
desde as beira-rúas e xanelas
algúns miraban para nós
e as vosas faixas
en defensa da terra
non a estafa eléctrica
marchas da dignidade
e das faixas veciñas
mina touro o pino non
defender a terra
é defender a vida
e moita vida había
nos murais das cativas

dos muros colexio

no final da marcha

aire auga e terra limpas
a miña última foto

con esta faixa consigna

e voltamos no bus cantando
o carro o aradiño irmaus…

o cronista