Xaneiro 2019

31-1-2019

reflexo



o reflexo no río
minho dos salgueiros...
e nós porque non nos paramos
máis á beira do río ou na ponte...
e nós onde nos imos reflexando?

imaxe en vila nova

28-1-2019

golpeada venezuela



revolución venezolana
palabras de chávez e bolivar
que camiñan irmanadas

o chavismo e o bloqueo
o bloqueo desde fora
e os golpes desde dentro

 

que che digo venezuela

golpistas e imperialistas

avanzan coa sua miseria...


o pais do orinoco
ese pobo de bolivar
non o queremos mais roto

 

manolo pipas


25-1-2019

penedos 2

 


penedos do camiño vello da moo
testemuñas de lonxanos tempos
que contades daqueles homes cazadores
vos que mirastes como eles aprendian
a labrar a terra a domesticar os animais

penedos do camiño vello
da moo que segredos vos gardades
mentres ollades como estragamos a terra

 

 

 

24-1-2019

penedos



amigos penedos
do camiño vello da moo
a terra o tempo a tribo ...

 

 

 



21-1-2019

estampa



abandonadas leiras e viñas
tomadas pola vexetación
pero ningún artista
faría unha composición
tan fermosa

campo grande moo

 

 

19-1-2019

garza

 


a cincenta garza
na árbore acuática
a mediodía descansa

charca de arca

 

 

17-1-2019

vexetal aperta



a árbore aperta
a luz o frío o vento...
as miñas verbas


freixo de castrelos

 

 

 

14-1-2019

enredados

 


enredados
os salgueiros do minho
vecinhos
dos enredados humanos

vila nova da cerveira

 

 

13-1-2019

labrego candido



logo de moitas funcións
cándido neno labrego
coas mans cheas de terra
voltóu ao primeiro rego

camiñóu longo este neno
moitas leiras e escenarios
e cando conta na casa
cumpre a nai noventa anos

neno cándido balbino
memorias de gres e navia
mesmos ollos e sentires
e que sigan as contadas



cándido pazó e neira
vilas na asociación
veciñal de navia


manolo pipas 



11-1-2019

montanhas



a liberdade
a independencia
montanyas e cumios
moi dificiles de escalar

 

 

 

 

09-1-2019

carballo

 


o carballo
grande da bouza
camiño da noite
que soña ?



07-1-2019

chorro e arbore



o chorro de auga
vai algo máis dreito
que a sua amiga árbore
pero en todos estes anos
a árbore foi a que nunca
parou de manar

na bouza