Marzo 2019

31-3-2019

andel amiga libraria 2

 


            a xaime e concha nogueira


            Cazadores nas vellas edicións,
            Buscamos tesouros, melodías
            Para sermos antigos e modernos,
            Para non traizoar a poesía

                            ramiro fonte


dun lado está castelao
do outro temos a rosalía
igual de tristes os dous
polo peche da libraría
entre cousas e cantares
memorias e poesías
avanzamos malamente
historias e xeografías

dun lado está castelao
do outro temos a rosalía...
o andel foi camiñando
realidade  e  utopía
de pintor lugrís a camelias
graciñas andel pola travesía
na memoria quedan andel
grabadas as túas melodías

manolo pipas

30-3-2019

centenaria sobreira

 


a centenaria sobreira
ela virada pro interior
a frondosa enche o cadro
e rise e ponse mui seria
polo cambio climático

na peneda

29-3-2019

oportunistas da cultura



adicado aos escritores
dos centros comerciais
especialmente aos poucos
deles que fan versos e rimas

para-bens aos patron-cinados
polos gobernantes que pisan
as persoas a lingua a cultura...
entre reconquistas e letras

aos que nacendo nesta terriña
buscan quen lles traduza
os seus versos ao galego
para así poder recitalos
nalgún evento indíxena

adicado especialmente
aos que homenaxean-parasitan
a escritores mortos que non
se van poder defender

sexa bemvido quen ven por ben

o pipas


28-3-2019

joseba e a gaiola



Segunda resposta

O preso nun curruncho da cela,
            como se estivese a falar só.
Pero non, está a preguntarlle a unha araña:
                                         Ate cando ?
A araña non tarda en suspenderse
                            e deixarse caer
ao longo dun fío que
                            se alonga.
E semella que é a resposta
                           ese fío interminable.

Joseba Sarrionandia

 

27-3-2019

dous paxaros sen gaiola



Micro Aberto de Poesía e Canción
de Autor presenta o monográfico
“Dous paxaros sen gaiola” un ensaio
sobre unha homenaxe adicada a Mikel
Laboa e Joseba Sarrionandia que se fará
sobre o mes de agosto.Colaboran:
NegraSombra (a banda dos micros abertos)
Paco Estraño , Pablo Vila, Arturo, Luis,
Rafa; Proxecto UF ; Manolo Pipas…
Xoves 28 as 9 da noite

Coordina e presenta Pablo Vila
coa colaboración do Café UF

 

26-3-2019

as vidas da carballa

 


as árbores son pequenos
ecosistemas de rica vida
e a vella e grandota carballa
regala vida en todos os seus poros
entre cada nova folla
e esta vella ferida

 



21-3-2019

vello e novo eligio

 


              a poldo loli tania
         jacobo e toda a banda

 


eligio vella taberna
de vida case cen anos
outra etapa vas abrir
logo dun tempo pechado

o poldo do metropol
foi coller o vello eligio
o noso primo celard
mira ti que terá vicio

do mesón cervexería
vai pasar a unha taberna
histórico este local
dos artistas desta terra

seica o tinto sempre fixo
boas migas coa pintura
imos deixar este branco
como amigo da escritura

bohemios republicanos
almas e balas perdidas
versos soltos e gaiteiros
e outra fauna da terriña

do metropol ao eligio
eu non podía esquecer
unha rima para o toti
que aquí tamen foi beber

o meu pai contóume onte
que viñera co parrillas
voso pai e meu padriño
a tomar unhas chiquitas

lembramos a eligio e carlos
detrás desta enxebre barra
e outros moi sentidos versos
polo empuxe a josé barca

vello eligio novo eligio
case cen anos de vida
e que siga nesta casa
fermentando a fantasía

manolo pipas

20-3-2019

sobreira equinocio

 


a foto e o poema
a miña pequena ofrenda 
neste equinocio de primavera
a varias veces centenaria sobreira
á beira da ría neste monte da peneda

manolo pipas

19-3-2019

salgada carballeira

 


carballeira á beira mar
coida paseo e peirao
a grande carballa nai
cos seus fillos ben salgados

en arcade

18-3-2019

franquista democracia


din e repeten e berran
que eeeespanya é unha democracia!!
o estado monárquico espanyol pois
o estado espanyol post-franquista
é unha franquista democracia
comprobádeo no valle dos caídos
no exército e guardia (in)civil
no poder xudicial
no estatus da igrexa
nas portas xiratorias
nos presos políticos

galegos e catalás
na legalidade de vox
na educación...
e volvede pensar
no valle dos caídos

o cronista

17-3-2019

guerra


guerra
guerra de un contra outro
guerra de outro contra un
guerra contra ti
guerra contra vos guerra contra eles
guerra contra nos guerra contra min
escarceos conflicto batalla
desembarco bombardeo
guerra civil guerra bilateral
guerra rexional guerra continental
guerra mundial   GUERRA NUCLEAR
como esta non chegou podo seguir o poema
accion pacificadora limpeza etnica
accion humanitaria danos colaterais
guerra pola guerra
guerra para a guerra
guerra baixo a guerra guerra sobre a guerra
guerra contra a guerra
guerra antes da guerra
guerra despois da guerra
guerra coma guerra ponto e coma guerra ponto e
seguido guerra ponto e aparte

refuxiados desprazados   de sa pa re ci dos
guerra relixiosa guerra quimica
guerra politica guerra colonial
guerra economica
guerra oeste este  guerra norte sur
guerra de baixa intensidade
guerra de media intensidade
guerra de alta intensidade
GUERRA TOTAL
GUERRA PONTO FINAL

NON
hai reposta
         NON Á GUERRA


do libro marzo abril
e outros naufraxios  4-99

15-3-2019

de siria a uganda

 


oito anos da guerra de siria !
leo nun titular da prensa!
cantos anos leva irak en guerra?
en guerra cantos anos afganistán?


israel que non sae no mapa

mundial das guerras cantos anos

leva en guerra contra palestina ?


chad kurdistán myanmar-birmania
sudan do sur méxico ucrania
yemen nixeria uganda...

nen guerra que nos mate
nen paz con inxustiza
e explotación que nos oprima

un insubmiso