Septembro 2018

30-9-2018

1 de outubro catalunya

 


manyan é un de outubro
antes foi o 11 de setembro

e pasou a vosa diada
coa sua caduca mascarada
de nobrezas e guerras
festa que debia estar
penso que superada

a grande festa de catalunya
pode ser o un de outubro
coa palabra das golpeadas furnas

 

29-9-2018

do viño e nos

 


vexo un documental
das vellas bodegas
cos senlleiros viños
da rexion da rioja

o bodegueiro ofrece
beber dunha botella
do ano do nacemento
do curioso periodista

emocionase este home
e eu quedo pensando
que gostaria probar
un viño do meu ano
pero seguro que para min
o caldo ía estar mui amargo

imaxe de viñas de freixo

28-9-2018

italia esa bota

 


italia ese pais no medio
do mediterraneo europeo
estirandose cara africa…

italia ese estado
que ten forma de bota
de bota que patea inmigrantes
e bota que pisa aos desprazados

 

 

26-9-2018

daquelas viñas



o avó monte alba
véxoo desde un lugar
entre coia e comesaña
abandoados orfos postes das viñas
daquelas uvas e vendimas tan lonxanas

pipas

 

 

23-9-2018

milonga para tangata

 


               a laura quintillán


un puerto un porto un tango
que trinta anos non é nada
compañeiros de tangata
unha orquesta sobe ao barco

o tango ten ollos negros
pura emoción e calambres
os salgados arrabales
nota a nota os seus segredos

as cordas son como cabos
e as teclas queren ser velas
vai tangata coa orquesta
por trinta anos de tangos

eses raios misteriosos
os valses de buenos aires
coas milongas orientales
neste equinocio de outono

o tango con danza e canto
que trinta anos nada son
tangata é pura emoción
de porto en porto o teu tango

 


o grupo tangata con artigas anelo
alberto vilas enrique migliarini
gustavo a. barcia e david veiga
tocaron onte polos seus trinta
anos de música coa orquesta
clasica de vigo e uxía senlle
no vello teatro garcía barbón

imaxe grupo mundo cal

foto concerto chus láuzara
rimas manolo pipas


21-9-2018

raios do equinocio



como debuxando un ser
os segundos raios do sol
neste parque da bouza
polo tempo do equinoccio
debuxando un posible
ser dos boscos

 



19-9-2018

mil guitarras para victor jara



mil guitarras para victor jara
que canten a angelita e luchín
a recabarren o che amanda...

victor canto libre trova infinda
guitarras e voces desgarradas
que a homenaxe sexa mui linda

para victor jara mil guitarras
compañeiras nestes anos nunca
pararon de florecer as jaras

mil guitarras para victor jara
sexto festival na comuna a recoleta
o dia 22 en santiago de chile
a 45 anos do asasinato do troveiro


manolo pipas



19-9-2018

el derecho de vivir victor



El derecho de vivir en paz


El derecho de vivir
poeta Ho Chi Minh,
que golpea de Vietnam
a toda la humanidad.
Ningún cañón borrará
el surco de tu arrozal.
El derecho de vivir en paz.

Indochina es el lugar
mas alla del ancho mar,
donde revientan la flor
con genocidio y napalm;
la luna es una explosión
que funde todo el clamor.
El derecho de vivir en paz.

Tío Ho, nuestra canción
es fuego de puro amor,
es palomo palomar
olivo de olivar
es el canto universal
cadena que hará triunfar,
el derecho de vivir en paz

victor jara


letra do seu disco
do mesmo nome e imaxe
nunha poblacion favelas
chilenas en santiago


17-9-2018

a noria da memoria



ida e volta sobe e baixa
circular como unha noria
a nosa vida memoria
de silencios e palabras

ida e volta como a noria
neno logo adulto e vello
e alguns volven como nenos
mentres perden a memoria


roda noria paseniño
danos de beber memoria
entre as rías e o suído
ai lembranza non te rompas
gárdanos máis do vivido



foto de beto luaces
lugar da novela vicvs
asarredoiro dos carranos
maceira covelo serra do suido
versos manolo pipas anteriores
e posteriores a imaxe

e a rima de noria con memoria

collinlla ao mestre benedetti



15-9-2018

coa sombra do vento

 


a sombra do galo canta na noite
o negro vento susurra historias
o negro galo na noite canta
a sombra do vento historias susurra

foron dous recitais colectivos
poemas cancions e relatos na noite
do negra sombra e do galo do vento

 

 

11-9-2018

o ollo da nogueira



un ponto
un ollo unha xanela
na casca da nogueira

 

 

07-9-2018

os sons do monte



os sons do monte
son os propios da terra
ou os que chegaron de fora

os chíos dos paxaros
e o ruido das maquinas
as pequenas desbrozadoras
as motoserras e grandes

cacharros dos madeireiros

as duas arbores que se tocan
e o vento fai que se rocen
cun pequeno chío que me confundiu

o son de cada arcolito arrincado
e o machete cortando polas das acacias

o son dos pes sobre os vexetais secos
e o constante son da auga do rego

e das casas chegan
o ladrido do can o canto do galo

os sons do monte
os cantos da vida e da morte

na ghaspara