Outubro 2015

19-10-2015

cara o solpor

 

 

un día e outra luz

pero cando se marchan

os até logo dos solpores

poucas veces os podo gozar

menos veces avanzo cara eles

como nesta imaxe no autobús

o xoves polas terras do ulla

 

do día á noite

avanzando co solpor

 

lariño

 

 

18-10-2015

rabudo nacho na memoria

 

 

no blogue de nacho mirás

rabudo.com publiquei 14 comentarios

con coplas e outras formas do verso

catro deles tamén entraron nas envolventes

e agora como homexane recuperei este texto

do 10-2-2014 para os seus minutos musicales

 

do gaiteiro conectado

 

non fun a presentación

mais teño o disco do kepa

boa viaxe ese disco

trikitixa con muiñeira

 

alédame que lle saques

bo proveito a ese cacharro

agardemos a muiñeira

do gaiteiro conectado

 

polo de agora non hai

pandeireta cableada

escribir ten a ventaxe

silenciosos na xogada

 

veña músicoterapia

vai escrituraterapia

seguiremos meu rabudo

brincando brincando tapias

 

manolo pipas

 

 

17-10-2015

rabudo nacho miras

 


rabudo nacho mirás

gaiteiro e periodista

o mellor peor momento

xa se foi da túa vida

 

longo pasacorredoiras

vigo barna compostela

longa foi a túa pluma

o humor como bandeira


alboradas e alalás

como un requien gaiteiro

rabudo nacho mirás

sonan por ti compañeiro

 

el mejor peor momento

de mi vida libro de nacho

do seu blogue rabudo.com

 

manolo pipas

 

15-10-2015

o chayote e o recital

 

 

chayote nos méxicos

chuchú polo brasil 

e acá patata do aire

é un froito máxico

dunha planta revelde

 

máxicos son os recitais

pero este tamén foi tráxico

polo que pasóu e está a pasar

nese continente das américas

de onde ven o chayote


máxico que che merquen

uns libros daquelas viaxes

e poidas escribir algo neles

a quen coñeces e aprecias

que está tras do chayote

 

imaxe carlosdeteis

versos manolo pipas

 

14-10-2015

sanitarixs pola estrada

 


son mil e moitos manifestantes

pola estrada entre a floresta

que viñeron de toda a bisbarra

e de ourense lugo compostela

e non defenden un humidal

nen un outeiro ou carballeira

 

na imaxe non saen as faixas

e non había nengunha bandeira

son dignas persoas traballadoras

detrás e diante os grandes lemas

por algo fermoso que perdemos

cando os darriba mal gobernan

 

celadores médicos e usuari@s

mantenemento enfermeiras...

defendemos a sanidade pública

que pode acabar nas cunetas


o cronista

 

13-10-2015

indixena resistencia 12 de outubro

 

 

12 de outubro das resistencias indíxenas

e de todas as loitas comunitarias

da ría á serra madre

 

12 de outubro do patio de guixar

aos patios do anahuac oaxaca chiapas

patios grandes e chiquitos

todos eles cálidos entrañables

das rías ás costas pampas montañas...

esas que van de tierra de fuego a alaska

a todo aquel continente pues

 

da carpa da caravana feminista

con poemas contos e cantigas

chegamos á carpa de violeta parra

e a carpa daquel octubre do 93

en compostela daqueles concertos

de silvio rodriguez angel parra

soledad bravo mercedes sosa...

 

que lonxe que perto aquel continente

lonxe na distancia e sobre todo

cando queremos esquecer e non saber

e perto cando nos abrimos

e cando están entre nós coma hoxe

compas carnalitas daquel continente

que suman voces e palmas

 

o sombreiro da marcha mundial das mulleres

o paliacate e da primeira viaxe hai dez anos

a camisa do colectico huizache de oaxaca

o chayote mesoamericano froito máxico

as botas a guitarra un chingo de símbolos

 

poemas de varias viaxes e comunidades

caravanas patios prazas marchas e carpas

encontrábanse coa caravana feminista

que agora andará por portugal

servando cantóu os meus poemas mestizos

a súa cantiga ó meu pobo a todos os pobos

e sobre todo a maldición da malinche

de gabino palomares e amparo ochoa

a tonada luchín de victor jara

volver a los 17 de violeta parra

todo cambia de julio numhauser

e a negra mestiza mercedes sosa

e de georges brasens a chanson

pour l'avergnat que escoitaba

o desterrado gabo en parís

 

os tempos de benedetti e galeano

a terra e sementeira de natalia contesse

e tantas malinches evas e chavelas

as mestizas décimas do son jarocho

as follas a lúa as nubes e as estrelas

de todas as culturas americanas

e as voces dunhas e outras costas

cantamos l'estaca de lluis llach

neste patio chikita-carpa de guixar

 

fotos ernesto ilkerman

versos o colocho pipas

 

 

 

12-10-2015

que siga a feminista caravana

 

 

aquela caravana que un oito de marzo

partiu do kurdistán segue dando o relevo

 

as mulleres do mar percebeiras

conserveiras mariñeiras mariscadoras

redeiras ... contaron da súa vida

elas que construen redes coas mans

e que saben das auténticas redes sociais

que se amasan lentamente con afectos

e coa súa palabra salgada e dóce

e a conversa levóunos nunha roda

pola soberanía alimentaria

e logo nos contaron da súa loita

as compañeiras kurdas e turcas

e escribiron nestas cartulinas

 

foron a ankara pola paz

e foron asasinadas!

non vamos chorar as mortas

que nos vamos levantar!

 

nestes dous días a chuvia

respetóu as compas feministas

pero na tarde do domingo unhas nubes

fixeron que entrara un rego de auga

na carpa que fixo a delicia das cativas

que reveldes chapotearon a gusto

 

as des-pedidas e as ben-vidas

que as rapzas seguen para portugal

parando hoxe nun evento en tomiño

e os relevos da caravana feminista

son grandes faixas e pequenas sementes

que se van sumando en cada etapa

e seguiu a música con máis rodas

o irmanamento da castaña co chayote

o likor de ervas coa sidra e a caipirinha

o irmanamento das rías baixas e o minho

co tejo e coas montañas de anatolia...

 

e horas despois co interior

da carpa xa case desmontado

as últimas compas reveldes

mentres fóra chovía cantaron

grândola e mulleres valentes

 

hoxe a 12 de outubro

día da resistencia indíxena

 

11-10-2015

estampas entre as feministas do mundo

 

 

cando en marzo botóu a camiñar a caravana

feminista da marcha mundial das mulleres

o seu final ía ser no mondego en coimbra

e tempo despois se sumóu lisboa e nela

o 17 de outubro se xuntarán todas

 

por astures pasou e paróu a caravana 

pero como lles soubo a pouco 

ao noso parque chegaron unhas compas

coa enerxía das súas costas e montañas

 

a marcha na defensa da vida e contra o ttip

o tratado transatlańtico de libre explotación

do capital da desunión europea e yanquilandia

chegóu á carpa e os máis entraron nela

e os menos marcharon a consumirlle ao capital

 

mentres avanzaba o serán

ás compas kurdas e turcas regaláronlles

moitos simbolos das mulleres e da terra

i eu paseilles uns barquiños de papel

como símbolos da loita rotondiana

e uns paxariños de papel da liberdade

e de todas as resistencias do mundo


unha hora despois souben que en ankara

nun atentado contra unha marcha pola paz

asasinaron a unhas cen persoas

centos de feridas e puderon morrer

compas destas mulleres da caravana


e seguiu a música a danza

e as conversas até ben entrada a noite

na carpa de castrelos da caravana feminista

da marcha mundial das mulleres

 

manolo pipas


 

11-10-2015

mulleres valentes

 


Mulleres valentes, que amosan os dentes

a aqueles que maten en nome de reises.

Mutilan o sexo en nome de deuses,

mercan con mentiras o que elas non venden.

 

Mulleres valentes que apretan os dentes.

Loitan na súa vida contra a tiranía

Na praza de maio pedindo xustiza,

berrando un poema un oito de marzo.

 

Muller e galega, dobre compromiso

Tirémos a saia, rachemos o viso

e nunca vencidas virémoslle a cara

a aquel que nos nega a terra e a fala

 

Mulleres valentes, que amoran os dentes

a aqueles que queren negalas por sempre.

Na forza do vento coa calor do lume

de todo semente, muller e muller

 

rosa hervella

 

poema musicado por luis correa

e cantado onte en castrelos

no serán da caravana feminista


 

10-10-2015

os ritmos da caravana

 


a caravana da marcha

das mulleres do mundo

recibímola a medio día

e do alto da inxusta cidade

en caravana violeta

baixamos até o saudable

bosque e parque de castrelos

onde nos agardaba a carpa


os ritmos da caravana

poden ser estes ventos

as madeiras e os metais

da charanga das aureas

coa música dos anos vinte

con mestizas novas danzas

daquel tempo de pioneiras

feministas sen caravanas

 

manolo pipas

 

10-10-2015

catro mans un corazon

 


ilustracións e textos no taller

de imaxinación alonso beloso

na sala de arte apo'strophe

 

logo de falar luz e miguel

aplauden á concurrencia

e ás súas fillas obras

 

botóu un conto o cullarapo

e nós que non saimos na foto

aplaudímos á pluma e pincel

 

as historias nas paredes

poñen o seu apo'strophe

nesta terriña de soños

 

e logo servando barreiro

cantóu historias de castelos

meniñas e caracois

 

na imaxe están tamén

sara e jose de apo'strophe

exposición debuxos e textos

praza eliptica vigo


manolo pipas


08-10-2015

feminista caravana

 

 

a caravana feminista

é unha accion internacional

da marcha mundial das mulleres

 

a feminista caravana

nunha rica e plural ruta

moito que contar e que facer

parando no ferrol s sadurniño narón

betanzos compostela vilar de barrio

allariz ourense vigo tomiño

espacios das valentes mulleres

pero os homes? moitos machistas

teñen os lugares e as mulleres

como o seu territorio

que estragan coa violencia

 

con esas bandeiras

violetas sen fronteiras

mulleres golpeadas

sempre sementando


estaremos en marcha

até que sexamos livres

 

hoxe e mañán por terras de ourense

sabaado e domingo en vigo

e no mapa falta o raiano tomiño

que ten eventos o luns 12