Outubro 2015

31-10-2015

recital viaxes e homenaxes

 


cantos e viaxes poemas e homenaxes

recital servando barreiro manolo pipas

venres 6 as 20:30 na cova dos ratos

 

a terra e o samaín en asemblea

caravanas barcos e travesías

revoltas pres@s e resistencias

fronteiras migrantes e mestizaxes …

viaxes por galiza portugal chile oaxaca...

homenaxes a rosalía manuel maría

zeca afonso galeano brassens moustaki

violeta parra víctor jara...

 

versos manolo pipas e outros autores

cancións e músicas de servando barreiro

 

imaxe ernesto ilkerman

daquel mestizo 12 de outubro

no patio de guixar teis

 

30-10-2015

presos porque galiza e a sua causa

 

 

porque son de causa galiza

porque galiza é a súa causa

detivéronos e leváronos pres@s

porque son independentistas

porque teñen conciencia

porque non teñen medo

 

detiveron e levaron a prisión

a unha amiga e uns amigos

e varios compañeiros seus

e sinto impotencia e raiba

por oscar sabela antom joam...

pol@s compas de tantas causas xustas

entre o barrio e o internacionalismo

entre a lingua o teatro e a ecoloxía...

 

na concentración desta noite

a faixa abaixo e a esquerda

debaixo da fachada do vello penal

e os violentos fachas andan soltos

 

na rúa as consignas e os berros

fóra as forzas de okupación

audiencia nacional tribunal fascista

defender  a  terra  non  é  delito

pres@s  á  rúa    a  loita  continúa

in de pen den cia     in de pen den cia

 

o cronista

 

30-10-2015

do amuleto de bolaño

 


...el viaje iniciático de todos

los pobres muchachos latinoamericanos

recorrer este continente absurdo

que entendemos mal

o que de plano no entendemos...

 

escollín estas liñas como podían ser

outras do amuleto de roberto bolaño

novela deste autor chileno-mexica

da que conversamos onte á noite

no clube de lectura gabo na galería

darredor de tres pequenas mesas

redondas que daban forma a un triskel

e agora converso comigo mesmo

cos meus fantasmas da cidade de méxico

e coa foto do ilker que ilustra a crónika

 

bolaño ou arturo belano non coñeceu

aos poetas león felipe e pedro garfias

españoles exiliados en méxico

e non os tratóu por poucos anos

pero si lles deu vida na súa novela

ou eles lle deron pulo a súa narración

con outras grandes voces americanas

máis ou menos ben ou mal coñecidas

e cos novos poetas mexicanos

que se buscaban na bohemia das rúas

e lokais do centro histórico da máxica

e maldita e sucia e máxica cidade

monstruo de tenochtitlán méxico df

 

e a policía tomando a universidade

de méxico en setembro do sesenteoito

días antes da masacre do 2 de outubro

é outro dos fíos conductores desta novela

deudora e anunciadora doutras narracións

deste poeta do chamado infra-realismo

 

....

 

e faltaba a uruguaya auxilio lacouture

a quixotesca narradora desta obra

encantadora muller que di ser

a nai de poesía mexicana...


os dous minimos lumes da imaxe

como o popocatepetl e iztaccíhuatl

míticos volcáns que coidan do altiplano...

e entre a sierra madre e os andes de bolaño

un feixe de símbolos e un chingo de amuletos

e ai esa brutal diagonal que cruza todo

o continente entre mexico df e montevideo...

tedes que ler a novela e imaxinala

 

manolo pipas


 

29-10-2015

a modelo e a guerra



esta muller

subida nun cañón

non denuncia unha guerra

é unha modelo de internete

que so vende a súa estampa

como outras veces vende roupa

 

ao fondo do cañón

debe haber un porto turístico

da nosa europa que teme

ás pateras dos refuxiados

memoria esta grandota arma

de vellas ameazas e guerras


a modelo posa para o desexo

e á inutilizada e fría arma

da calor coas pernas e o sexo

 

lariño


27-10-2015

quen fomos quen somos

 

 

quen fomos pra ser quen somos

bo pensamento e pregunta

fan os compas de alicerces

entre o medio e a cultura

 

quen foche pra ser quen es

onde naces onde paces

camiños prazas e rúas

as aldeas e as cidades

 

as raices dannos vida

traballo festa e cantar

o perdido e o soñado

colectivo o camiñar

 

detrás dos alicerces da rede

están eduardo saiz e diego lores

http://alicerces.prazapublica.com/

 

manolo pipas

 

 

 

25-10-2015

salgadas e doces aureas

 

 

salgadas áureas drama

 

anos vinte quen tivera vinte anos

tempo catro por catro e cinco por cinco

cinco mulleres collen aire nun barco

elas son migrantes e foxen cos ritmos

como deusas áureas de corazóns salgados

 

chegan a un porto enrédanse en caravanas

tempo cinco por cinco e catro por catro

as notas aínda polo interior sonan salgadas

anos vinte quen rodara por aqueles anos

con esta tonada áureas con vos quen rodara

 

 

dóces áureas comedia

 

o barco das áureas atracóu na nosa ría

charanga de vodka fernet cachaça licor café

estas teatreiras subiron ao charentón en tranvía

áureas isabel gloria cris valentina areta ailén

 

as historias de dúas terras de ida e volta

amores e desamores revolucións e conquistas

saudades e brincadeiras de marcelas e alfonsinas

entrañables áureas elas sempre de roda en roda

 

manolo pipas


 

 

24-10-2015

magosto urbano e a sua fauna

 

 

a castaña é un dos últimos froitos do ano

ela coberta por un manto de espiñas

que se abre so ou temos que abrilo nós

a poucos días do samaín do fin do ciclo

 

un magosto na praciña fronte a oliveira nai

as castañas co lume da madeira asadas

e as cativas pintaron no chan esa estampa

e outras en fileira desordenadas agardaban

formas e cores nas súas abertas caras

e eu pasáballes animaliños de papel

que elas decían que eran colibrís tucáns

gaivotas grullas pombas … alebrijes

 

máis maxia co home do sombreiro

e os globos con faunas de perto e lonxe

os ritmos da repúblicana bagunda

e varias bandas que se improvisaron

e sumábase nova e varia fauna urbana

ás veganas e animalistas da cova dos ratos

verdegaias e insubmisos algas rotondianos

pibas gatas salvaxes piratas e tartarugas

mexicas okupas mariñeiras e migrantes

tos-tós retornadas caravaneiras...

 

faltaron as áureas ke están a chegar

ke esta noite nos regalarán unha viaxe

no charentón por terras de lavadores

 

o cronista

 

23-10-2015

chuvia sobre tinduf

 

 

 

levo unha camisola polo sahara libre

cun debuxo coa estrela e a lúa bermellas

rodeadas de aramios de cores

e hoxe dime meu irmán duarte

se sei que pasóu nos campamentos

e nada sabía da chuvia que con forza

leva caíndo sobre tinduf estes cinco días

con mui pouca presencia nos medios

 

na terra onde case nunca chove

corenta anos sen facelo deste xeito

no país da area o adove e as jaimas

os estragos da chuvia son tremendos

nos campamentos de refuxiados

 

entrei na internete e lin e vin imaxes

como ésta e outras máis tráxicas

dos centos de precarias vivendas destruidas

coa pouca comida que tiñan perdida...

e algunha imaxe da rapazada xogando

na auga que outras veces traía esperanza

 

manolo pipas


23-10-2015

culturas de resistencia

 

        

 

culturas de resistencia é un documental

de lara lee que pasan na cova dos ratos

resistencias contra as guerras e as explotacións

pero chego tarde e a narración anda por siria

e das favelas de brasil chegamos a palestina

muros e máis muros e outras lamentacións

que as máquinas acaban coa enésima aldea

e un vello palestino di

o único que quedará aquí é o odio

e eu lembro esta outra frase dunha chilena

no golpe de estado de pinochet

lo que nos faltó fue el odio

no éramos capaces de odiar

y ahora ellos nos han enseñado

lo que esto significa

 

a música e as danzas da sabana

e o rap e a arte urbana da gran cidade

encontranse na vella e nova comunalidade

 

lecturas de poesía e poemas-cancións

que xogan cos sons das palabras

resistir é crear di alguén

 

mi pais es tan grande

que la comida esta mui lejos ...

mi país es tan grande

que la justicia no da para todos

acaba o poema dunha mexica

 

nas favelas do brasil

alguén toca un kalasnicov

convertido en guitarra …

 

acaba o documental e conversamos sobre el

e sobre as nosas realidades de pequenas

necesarias e  importantes resistencias

 

manolo pipas


 

22-10-2015

pro tempo de follas novas

 

 

no tempo de follas novas

mil oitocentos oitenta

unha viaxe literaria

por voces de moitas terras

 

unhas prestixiosas voces

con outras descoñecidas

varias delas silenciadas

do seu tempo todas fillas

 

autorxs do noso tempo

debullan as súas escritas

e a sociedade cambiante

do tempo de rosalía

 

 

no tempo de follas novas e 1880

son dous octosílavos que pedían cuartetas

para rosalía rimbaud josé martí liev tolstoi

curros eça de queirós christina rossetti...

no tempo de follas novas colectivo libro

coordinado por maría pilar garcia negro

que comenta a clarín e pardo bazán

e onde tamén escreben marica campo anxo

angueira paco rodríguez pilar pallarés...

mui ben presentado na libraría cartabón

onte por pilar e francisco sampedro

e henrique da editora alvarellos

 

manolo pipas


 

21-10-2015

higino martins e as palabras

 

         


as vellas palabras camiñaron tanto

que moitas quen sabe de onde veñen

unhas chegaron e outras perderonse

 

desde aquelas primeiras tribos

somos os catro elementos e a palabra

palabras que se comen e que se beben

a palabra que voa e a palabra que arde

a palabra coa música a palabra na pedra...

 

a orixe as raices da tribo

nas palabras estuda higino martins

sen descanso lonxe da matria

cando aquí é outono alá é primavera

e tamén terán morriña as palabras

 

a búsqueda do higino nas verbas

nas primeiras pegadas céltigas

 

logo da presentación na libraría andel

do libro etimologias obscuras ou escondas

de higino martins esteves

 

manolo pipas

 

20-10-2015

terapeuticas nubes



neste centro médico

ergueron unha grúa

para subir ás nubes

ou para baixar unha

que elas son terapéuticas

como as estrelas e a lúa

 

lariño