Outubro 2015

08-10-2015

o crime e a caravana feminista

 

 

as caretas son brancas

as bandeiras son violetas

as caretas son anónimas

as bandeiras sen fronteiras

e todas vós nesas caretas

 

tamén hai bandeiras brancas

pero que non se renden

e que esixen máis que a paz

esixen outro modelo de relacións

 

outra muller aparecéu asasinada

ocultada dentro dun armario

nesta semana que camiña

entre nós a caravana feminista

de ferrol a tomiño concentracións

palestras exposicións obradoiros

coloquios marchas concertos...

e logo seguirán até coimbra

esta feminista caravana

con xa demasiadas baixas

que partíu en marzo do kurdistán

 

as caretas son brancas

as bandeiras son violetas

as caras e caretas son anónimas

a vosa bandeira non ten fronteiras

e todas vós nesas brancas caretas


imaxe ernesto ilkerman

versos manolo pipas

 

07-10-2015

eiriña de mal bicho

 

 

eiriña eira pequena

que me contas ti da malla?

o teu gran seica ten bicho

mal muiñada e amasada

 

concursos e concesións

a dedo van ben as obras

que suba o presupostado

cos amigos e coas noivas


plumas colgante reló

mira ti que regaliños

agasallos descobertos

houbo máis de tapadiño?

 

o pepé con o pesoe

concello e deputación

ex-presidente e alcalde

concellais e máis bufóns

 

o louzán con caballero

ese rivas con isaura

regades con brava boch

ai que parellas e tramas

 

os da foto que ben

lle dan a pluma

 

o cronista


 

07-10-2015

e caiu a conselleira

 


cesaron a conselleira

porque era incompetente

di feijoó sen inmutarse

que atendéu por fin á xente

 

polo ben deste país

os médicos e os pacentes

por esas dúas razóns

que ingresen ao presidente


se o cunqueiro é tan bo

tan moderno e eficiente

con terapias intensivas

o feijoó cúrase a mente

 

o cronista

 

 

06-10-2015

campamento parques e xardins

 

 

o campamento de parques e xardíns

traballadores en folga xa nove días

tensan a corda co cortello de vigo

a súa beira na inóspita praza

e tensan as cordas co segundo

toldo do seu campamento

que o primeiro voóu


campamento parques e xardins

ollando o mar algo protexidos

polas ruinas da panificadora

e pola floresta na distancia

 

manolo pipas


 

05-10-2015

recital mestizo 12 de outubro

 

 

os orixinarios as conquistas

as herdeiras as resistencias ...


poemas e cancións

manolo pipas e servando barreiro

12 de outubro as 7 da tarde

no patio de guixar xulián

estévez 56 teis vigo

 

textos manolo pipas e outros autores

cancións e músicas de servando barreiro

e de varias voces americanas

recital sobre os pobos orixinarios

dese continente mal-chamado américa

historias entre a conquista de 1492

e as últimas transnacionais

os camiños das herdeiras da mestizaxe

as resistencias as culturas as revoltas....

 

violeta parra víctor jara

garcía márquez mercedes sosa

mario benedetti eduardo galeano ...



04-10-2015

atacados medicos sen fronteiras

 

 

sen fronteiras

a vida sen fronteiras

a solidariedade sen fronteiras

os médicos sen fronteiras...

pero aí seguen explotadores

e represores enchendo de sangue

as súas fronteiras e territorios

 

médicos sen fronteiras

para que as bombas dos yanquis

e da otan asasinos sen fronteiras

caian durante media hora

sobre un hospital de afganistán

que eles sabían que estaba alí

matando doce sanitarios

sete pacentes e trintesete

desaparecidos sen fronteiras

 

nestas datas tamén rusia

está a bombardear siria

no territorio duns asasinos

que pelexan contra outros

asasinos por unhas fronteiras

 

imaxe ruinas da guerra

de luis seoane

 

o cronista


 

 

02-10-2015

da esquina rota de benedetti

 


golpe terror e exilios benedetti

a primavera cunha esquina rota

a estación que ven logo do inverno

memorias e relatos entre derrotas

 

pola mentira a maldade e o odio

asasinados desaparecidos presos

moitos marchan e marchan pro exilio

o país partido e case sen remedio

 

do exilio ao desexilio benedetti

a túa primavera florece e avanza

rouban e pisan moitas das súas flores

pero outras van dar froitos de esperanza

 

acá na europa xa entramos no outono

alá no uruguay xa vai a primavera

nós voltamos ao frío e vos á calor

o equilibrio da golpeada nai terra

 

a primavera cunha esquina rota

benedetti entre memorias e poemas

 

manolo pipas

 

02-10-2015

mestre mario

 

 

escriboche mestre mario

entre a galiza e oaxaca

entre esta peninsula

e o teu mestizo continente

 

empecei a lerte na miña terra

e puiden acercarme a ti

ao final dun inmenso recital

e timidamente entregarche un poema

 

nalgunha viaxe a oaxaca

acompañacheme en silencio

e noutra viaxe levei outro libro

do teu paisano e amigo galeano

e os teus poemas que lia no avion

noutra casa e noutras mans ian ficar

o teu exilio os avions e os paises

casas que deixaron de ser alleas

e os tempos do desexilio

 

o disco con viglietti en directo

que sempre me acompaña

os poemas e as milongas

os vosos cielitos e as tuas odas

a vosa terra que non coñezo

i eu ia escribindo poemas

para o voso mestizo continente

 

uns versos teus mario benedetti

empreguei nun dos meus libros

que non te puiden entregar

el dia o la noche en que por fin lleguemos

habrá que quemar las naves

 

manolo pipas

 

as chozas 5-09 publicado

no libro a milpa e o paliacate

recitado no clubegabo con

da esquina rota de benedetti

 

01-10-2015

hospitalaria sanidade en loita

 

 

voltei ao cunqueiro macro-hospital

o cuqui como lle chaman as sanitarias

e xa puxeron as marquesinas

pero as papeleiras son bolsas de plástico

improvisadas polos currantes

como algún que andaba polo tellado

e as enfermeiras para as operacións

durante varios días andaban buscando

materias esterilizados que non atopaban


un centro de sanidade

debe ser un espacio san

e dubido que este o sexa!

un hospital debe ser

un espacio mui hospitalario

e estes días si o é pero pola protesta

de celadores e máis batas brancas

que están a defender a sanidade pública

e recíbennos no seu campamento

con ética e dignidade e ofrécennos

unhas augas e un café con leite do país

unhas patatillas e un biscoito caseiro

 

cando conselleira e presidente falan

había que esterilizarlles a boca!

 

orgullos@s sanitari@s en loita

por unha sanidade pública e digna!

 

o cronista