verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
na rúa da segunda república
inaugurados dous tramos
das millonarias mecánicas escaleiras
que só nos serven para subir
que deixan fora a xente en silla de rodas
e os carriños das crianças
e o segundo tramo deixa de funcionar
ao día seguinte
republicanos ou non republicanos
moitos non queríamos as escaleiras
e as persoas normais tamén baixamos
pero moitos políticos e corruptos
so pensan en subir
algúns falsos gobernantes non queren baixar
pero xa lles tocará
a cidade e soñada terceira república
construense doutro xeito
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)