19-3-2016

da parella exemplar

 


érase a irmá do rei a silla da xustiza pegada

unha muller que di non saber nada de diñeiro

a que lle perdoa a vida ese asesor teijeiro

unha muller da monarquía case expulsada

 

érase un home ao que lle gosta moito o xogo

xogar coas máns cos pes cos cartos coa pelota

érase unha familia urgangarín-borbón toda rota

que anda a molestar aos do sagrado trono

 

érase a filla dun rei seica din que dimitido

para tentar manter a franquista monarquía

como borbón mentiroso corrupto arpía...

vivindo do sangue de vellos mozas cativos

 

érase unha corrupta mui mal defendida

por un dos pais da española constitución

érase un caso un esperpento un culebrón

a democracia e a monarquía podridas

 

o cronista