nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
dixome unha amiga e nai
que tiña que escribir sobre o ensino
e contame hoxe outra amiga e nai
e mestra que non exerce en dous correos
último día de cole, toca ilusión e moito choro
este é o único dia do cole que non me gusta...
como o boto en falta
vai o ultimo dia de escola
día de emocions e despedidas
e queren despedir á escola publica
eu estudei nunha escola publica
mui precaria e nunha finca sen muros
en tempos da chamada transaccion
e hoxe hai outros muros que queren poñer
no medio dos libros e dentro das aulas
estes neofranquistas da lei da lomce
para os gobernantes as mestras
e os alunnos non son persoas
so son fríos numeros
cos que facer negocio hoxe
e sementar ignorancia e mentiras
paro de escribir e vou ver
que foi da miña vella escola
subo polo camiño e penso
no seu nome franquista
que foi mudado hai uns anos
e cando chego ao colexio
fora xa non están as faixas
na defensa da escola publica
e dentro no salon de actos
a festa de final de curso dos nenos
coa musica o teatro e os xogos
e a famillia e amistades de publico
na escola xogando aprendemos
pero coa nosa educacion non se xoga
o cronista
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)