29-1-2017

cuba marti e aves

 


cuba ese verde lagarto
a máis grande das antillas
pero unha pequena illa
que ao tío sam ten mui farto

cuba no mar das caribas
quere uns ciclóns pequenos
pra dar vida ao campo seco
aos sinsontes e guajiras

de martí as pombas coidan
que acá non chega o sinsonte
complicados son os homes
comenta unha ave a outra

díxome onte o novo cónsul
logo de despedirnos do martí
que cuba precisa que os ciclóns
lle leven auga á terra sedenta

manolo pipas