14-2-2010
a coberta do patio
este patio non ten teitoe parece que non o precisaque ten unha linda cubertaque vai medrando e medrandocomo querendo cubrilo todopero que tamen se desfaien anacos que van caindosobre o chan e as mesasentre a cuberta do patiocolanse os raios do solese sol que fai medrar a cubertae que murcha os anacos que perdecuberta de cores e formas variasmarrons verdes rosas e violetasformas mui longas e delgadase pequenas formas case redondasque se van entrelazandocomo estas poucas palabraso patio non ten teito poisten unha fermosa cuberta vexetalvarias bubambilias aos lados do patiocon polas que medran polas paredese que se xuntan arriba como cubertaarbustos que están deixando caerunhas follas sobre o cadernoen que escribo estas palabrase neste patio se presentan librosdas culturas e das loitase acá se inauguran as exposicionsdas sas do outro patiopinturas grabados papalotese onte este patio se convertiununha maloca colombianacoa obra de emilce la mujerque queria ser como los pajarose a este patio tamen vimosa ler e a escribir como agoraoaxaca 2-10