23-3-2023

vida e morte digna


vivir sen sentir como se foses un vexetal

curiosa definición dunha morte en vida


vivir sen memoria eu tampoco quero

e quixera unha digna vida e despedida


manolo pipas




08-3-2023

chove e venta oito de marzo


oito de marzo chooove
esta terra agradecida
sementada e regada
tamén será feminista

lúa chea destas marzas
o si é si e o non é non
manadas contramanadas
e xuices sen corazón

chove marza lúa chea
e venta con forza venta

 

 

 

05-3-2023

dez anos máis con chávez


venezuela xa dez anos

da última sementeira

do hugo da grande estrela

do chávez bolivariano,

orinoco soberano

segue baixando augas libres

montes llanos e caribe

xa dez anos venezuela,

bermella azul e marela

chávez hugo chávez vive


manolo pipas



25-11-2022

ai as fronteiras


os muros e os aramios

sempre están sucios

e por moito que os limpen

mui sucios sempre estarán


os muros e os aramios das fronteiras

sempre estarán manchados de sangue


13-11-2022

o pais do chapappote

 

o país do nunca máis
din que existe
pero debe ser mui pequeno
grande sabemos que é

este país onde camiñamos
o país do chappappote

un dos últimos voluntarios

 

 

11-11-2022

delitos


a curva de angrois
din que estaba e está

chea de chapappote

o coitado capitán mangouras
se cadra tamén ía nun vagón
daquel maldito tren


un ex-usuario

 



16-10-2022

cinco outonos despois



andaina freixomatamáfreixo
do lume cinco outonos despois
abandono moito abandono
ai mui pouca recuperación

comunal a nosa andaina
camiñan maiores e cativas
lembranzas bágoas e landras
contos e poemas camiñan
changrande e plantabosques
ai camiñando pola vida

andaina freixomatamáfreixo
do Lume cinco outonos despois
cantos lumes dende aquela?
mentres segue a senrazón


debaixo do solitario freixo
ai compartimos as emocións

na foto anxo moure e cativas
rimas manolo pipas


14-10-2022

fillas e fillos do monte

vai e ven moita calor
para estes días mediado outubro
moita calor como hai cinco anos

hai algo máis de humidade
e sopra moito menos o vento
pero o monte case todo
está muito peor que daquela
máis golpeado máis alleo
e máis perto do lume
e nós fillos e fillas do monte
máis vellos e con menor enerxía

polo monte comunitario moitas

quedastes mañán en compostela
uns poucos nos veremos en freixo

no medio do monte


o neto do freixeiro





26-8-2022

lorca entre nós

 

 


lorca outra vez entre nós
nós homenaxeando a federico

e na coberta desta antoloxía
do poeta granadino
o seu debuxo e unhas palabras
de adicatoria a un amigo

lorca poesía e teatro   
a pluma e a guitarra
federico debuxo e recital
o piano o xardín e a barraca

as pombas escuras
o ferido pola auga
a terrible presencia
a raiz amarga

marchan os nenos do cumpleanos
na praza de pedra do edra
quedan as pombas entre as sillas
e na maltratada oliveira
rodeada polos de uniforme de pedra...

lorca outra vez entre nós
nós homenaxeando a federico


en cursiva palabras
do divan del tamarit

18-8-2022

terrible amargo lorca


na coberta desta antoloxía
do poeta granadino
o seu debuxo e unhas palabras
de adicatoria a un amigo

lorca poesía e teatro   
a pluma e a guitarra
federico debuxo e recital
o piano o xardín e a barraca

as pombas escuras
o ferido pola auga
a terrible presencia
a raiz amarga


en cursiva palabras
do divan del tamarit



Distribuir contido