Marzo 2014

18-3-2014

a señora da bouza 1




a señora da bouza húmida

baixa moitos días do seu piso
bota un pouco de pan na auga
e logo chegarán os parrulos
que son coma os seus netos

a 15 de marzo


16-3-2014

follas pra eira da xoana




                 a eira e a casa
    da xoana  convidáronnos  a todas
  a un encontro e festa coa pachamama
    e mándolles versos nesta pequena
                 folla de acacia


                o lugar e a floresta
       da xoana  chámannos  á festa
  polo equinoccio desta nova primavera
       e vaivos outro caligrama nesta
                folliña de oliveira



na eira da xoana o aturuxo á terra
primeira feira das artes e das letras
na golada á beira do ulla
feira palestras actividades pra nenos
realización de artes plásticas poesía
música roteiro ritual druídico ...
sabado 22 todo o día na eira da xoana
http://eiradaxoana.blogaliza.org/





15-3-2014

parruliños na bouza




as pegas e as cotorras a piar

a auga a erva as árbores o sol
parque da bouza as once da mañán
a parrula e os seus dez parruliños
aseanse comen marchan a xogar

lariño


13-3-2014

poemas polas víctimas do 36




ÁMOTE ANARQUISTA(Fragmentos)

Dolores Blanco Montes, mal paseada,

a voz das conserveiras e atadoras do Morrazo,
vindicadora de Aldán, de Cangas e de Hío,
ferida no suplicio e fuxida polos montes
cun fillo asasinado, outro no exilio,
e ámote no cárcere onde anarquista sofres.

Porque non nos deixan cruzar polas estradas
cruzaremos en Mogor os laberintos.

Ocultáronnos ás mulleres máis libres
e, non obstante, fórano ata a fin.
(…)

Borráronas da historia e malia todo
setenta anos despois hai quen as ama.
Sardiñas para elas e unha libra de cereixas
vermellas como a súa primavera libertaria
e para sempre ámote anarquista ou nada.

Claudio Rofríguez Fer

fragmento do poema de ámote vermella
que aparece no libro poemas polas vítimas
do 36 nas rías de vigo e pontevedra
de claudio na colección poesia para todos
do proxecto de unión libre presentado
na libraría andel coa asociación viguesa
pola memoria histórica do 36
falaron telmo comesaña pola asociación
e carmen blanco pola colección e o poeta
recitou na presencia de familiares das víctimas  

e o caderno que foi agasallado aos asistentes



12-3-2014

a xente non aguanta




escoitei onte na radio aos manifestantes

da pesca do cerco en compostela
e logo aos familiares dos mariñeiros
mortos no ultimo naufraxio

- a xente non aguanta moito máis
e vamos a chegar aos paus
- a xente bótase ao mar ou emigra
hai que darlle de comer á familia
e vas onde sexa polo que paguen

e os paus chegaron logo dos de sempre
cargas policiais porrazos pelotas de goma
a manifestantes preferentistas
mariñeiros e outras persoas
e hai moitas historias e imaxes
desta represión do desgoberno

unha deputada do bloque que saiu
do parlamentiño recibiu uns porrazos
por defender aos mariñeiros golpeados
e un dos traballadores do mar
que foi á porta do parlamentiño
a defender á súa familia
foi brutalmente golpeado
e pode perder un ollo

ainda hoxe eu me pregunto
como aguantamos tanto

na imaxe da crónika unha pintada
na rúa do parlamentiño o domingo
e xa debe levar un tempo alí
escrita esta verdade que ninguén
se atreve a borrar

manolo pipas

11-3-2014

bolivariana venezuela




venezuela venezuela

o teu pobo soberano

escolleu o seu camiño
camiño bolivariano

este pobo que se ergueu
contra o seu explotador
co seu lider hugo chávez
que gañou as elecións

revolución doutros tempos
quince anos bolivarianos
desde dentro e desde fora
non paran de golpealos

entre chile e venezuela
entre allende e hugo chávez
temos moito que aprender
dos medos e a liverdade

e venezuela que segue
con outros bolivarianos
ogallá que non esquezan
que o pobo é o de abaixo

revolución doutros tempos
travesía bolivariana
entre o miño e o orinoco
unha aperta solidaria

manolo pipas

Homenagem nacional à Revoluçom
Bolivariana     Chávez sempre.
sabado 15 as 19.00 teatro garcia barbón
http://agarb.wordpress.com/



11-3-2014

bandada de pombas




o tellado está cheo de pombas

na casa da rúa dos soportais
esquina coa praza da ferrería
e abaixo temos moitas máis
pombas para ledicia das cativas

lariño


09-3-2014

os nosos corpos e dereitos




na miña cona
non manda ninguén
autodeterminación uterina
as mulleres decidimos 
aborto livre e gratuito...
nove de marzo en compostela
os nosos corpos os nosos dereitos

e cando pasábamos á beira
do parlamentiño e dos seus armados
nas consignas estaban queimando
a conferencia episcopal
e rosalía botou un tímido
e desafiante sorriso
ela que é filla dun crego

si amiga muller
no teu corpo
non debe mandar ninguén

en compostela



09-3-2014

persoas livres




mulleres liveradas

aborto livre e seguro
segura a sanidade
infancia protexida
educación ética
vivenda para todas...
persoas livres

en compostela


07-3-2014

terra auga brisa chama




a terra a auga
a brisa a chama

a lúa a árbore a montaña

a espiral a tribo a casa
a raiz a serpe a nube a ave
a travesía a camiñada

a vida a morte a calma

a luz a cova a illa a sal
a aldea a fala a alma

a fonte a canción a memoria
a caracola a asamblea a rúa

a praza a cidade a revolta

a sementeira a flor a colleita
a porta a estrela as brasas
a ollada a palabra a aperta

a sete da lúa das marzas
imaxe de oaxaca


06-3-2014

barbanza e rias




esa espiral de baroña

cara o norte monte louro
e cara o sur corrubedo
e o dolmen pedra do mouro
os carballos as sobreiras
serpes cabalos e mouchos
o que vemos e sentimos
memoria dos nosos mortos
fáltounos un pouco lume
e a chuvia que vai connosco

monte ría e outras augas
os faros dispondo encontros
o vento salgado limpa
e ven e volta pros fondos
entre as illas e os cumios
atrapados polos soños
mar e ceo azuis e grises
verdes algas verdes toxos
o sol que saiu un rato
o solpor húmido trovo
mareas chuvia e fervenza
marchamos voltamos logo



lembranzas dias despois
desde a espedrigada coia
café planeta
pipas


04-3-2014

compostela barbanza...




encontros e reencontros
e seguiu a camiñada
cara as terras da barbanza
entre nahualas e mouros

chegamos a corrubedo
e sentimos polo faro
entre ventos e chuvascos
mesoamérica máis perto

nos camiños non topamos
entruidos e carnavais
a gran pedra é unha rá
tamén pode ser un barco

polas terras da barbanza
nos campos a palla milla
dolmen de axeitos das rías
un rumor a túa tonada

platicando das memorias
nós subimos á fervenza
o solpor coas súas lendas
polo castro de baroña

a marta gabriela e rafa

o güero