Marzo 2014

03-3-2014

as árbores e o encontro




acompaña ás décimas

a milenaria árbore de el tule de oaxaca
logo desa forma e verso con orixe nesta beira
que cantan  os do son jarocho que xuntou
as culturas dos tres continentes
seguimos con verso de livre medida

que se acompaña da imaxe da praza da oliveira
unha hora antes do noso encontro
nas mestizas ciranda e lila de lilith
que seguiu cara as dúas que o venres
foi coma unha cantina atlántica

nesta praza coma un pequeniño zócalo
na noite non puidemos sair a platicar
voltaremos cando marchen as chuvias
e tamén volte a calor

o ahuehuete e a oliveira
entre a grande mesoamérica
e a chikita galiza unha aperta

a concha chiqui miguel alexandre
garcía sebastián e bacaanda

pipas


02-3-2014

décimas do encontro




décimas jarochas do encontro
galaico mesoamericano


o encontro en compostela
identidades coa lúa
na ciranda e nas dúas
a travesa a oliveira,
amigos e compañeiras
platicar é todo un rito
o copal no braserito
mitos poemas e trovas,
vella cidade tan nova
e a noite déunos un bico

na cidade do sarela
mesoámerica e galiza
oceánica organiza
identidade na entrega,
as memorias que se regan
da malinche a rosalía
que chidas cosmogonías
terra mar aldea casas,
que non se apaguen as brasas
foi mui rica a travesía

a iolanda arturo
gabriela roberto e artur

na foto a milenaria árbore

de el tule en oaxaca

manolo pipas