Marzo 2014

31-3-2014

do mundo e da liverdade




Que paren o mundo que me baixo

pintada en parís maio de 1968
que defendía josé luis sampedro
e entre parís e madrid que cinismo hoxe
entre os votos da ultradereita francesa
e a homenaxe a figura da falsa
transición da dictadura española
agora que se cumpren setentecindo anos
da derrota da república



La libertad es como un cometa
vuela porque está atada

La sublevación de los militares en 1936
hundió para siempre el mundo anterior
Desde entonces soy un inmigrante en el tiempo
(no solo hay migraciones espaciales),
sin esperanza de retornar a mi origen
—la España de 1935— porque desapareció
como la Atlántida.

La muerte me lleva de la mano,
pero se está portando bien
porque me deja pensar

jose luis sampedro
madrid 1917-2013

na imaxe os republicanos
vencidos pasando a francia



30-3-2014

de reconquistas e conquistas




a reconquista de vigo

curiosa festa e historia
entre cantos e likores
removamos a memoria

a reconquista da vila
liverounos dos gabachos
que pena de guillotina
que non fixo o seu traballo

reconquista destas terras
dos franceses liverounos
e que orixe ten o home
que en madrí tedes no trono?

a reconquista parou
acabou coa ilustración
seguen mandando os de sempre
con máis forza a inquisición

reconquista conquistada
carrefur citroen alcampo
coa nosa pouca memoria
seguiremos festexando

versos manolo pipas
imaxe carlos peixoto


28-3-2014

compañeiros cantores




noite na casa da xoana

as cancións con mini e mero
da rumboia a díaz castro
cos mestres e compañeiros

cantos vellos trovas novas
ulla miño douro e tejo
zeca afonso che guevara
da palabra guerrilleiros

mini e mero pola xoana
neste pequeno turreiro
co bombo e coa pandeireta
xa se suman ao gaiteiro

media noite as cordas voltan
marica campo e máis versos
neira vilas con anisia
cantos que medran co tempo

na casa baixo a carballa
ulla e chá o carro o eixo
a roda dos corazóns
amigas e compañeiros


recitado onte con servando
na cafetería la llave de oro
imaxe do sabado na xoana
mini quique raúl e mero


manolo pipas

27-3-2014

río e terra neira vilas




Río ulla

Augas de mil regueiros,
de choiva e manantío,
augas que choutan sobre o tempo,
que agurgullan,
que lúen pedras e raíces
e cantaruxan na escuma.
Augas de morte e vida
que apousan nos relanzos.



Desta terra

Auga, pedra, sol e vento
aquí a ledicia é tanta
que todo rebule e canta
e o Ulla vaise contento.
Teño nesta terra asento
e un sentimento profundo
un amor vivo e rotundo
polo val onde nacín,
levo a Gres dentro de min
son deste anaco de mundo.


Xosé Neira Vilas


versos do libro dende gres
para ler no recital
entre poetas e cantoras

imaxe da pedra-homenaxe
nas insuas de gres
no medio do río ulla


26-3-2014

na fervenza de codeso




que alegría colle ese manantial

díxome ollando a foto a miña nai

mineral e vexetal
a fervenza de codeso
a auga que ferve fría
entre fentos e amieiros
o son da fervenza ten
a presencia doutros tempos
a humidade que te envolve
que te vai facer pequeno

auga e terra ben profunda
os soños cos seus desexos
mineral e vexetal
a fervenza de codeso
alegría o manantial
que abandonar
non queremos


manolo pipas



25-3-2014

da xoana a sarria




detrás da casa da xoana
este camiño xa nos ofrece
moitos variados destinos
de salgueiros e sobreiras
de serpes bubelas e lobos
de granitos e pizarras
de covas e petroglifos

o camiño ofrécenos
a veciña serra do farelo

a fraga de catasós no deza
a fervenza de codeso
as ínsuas de gres no ulla
a devesa da rogueira no courel...
e tamén ás árbores das ribeiras
do río sarria e na illa do toleiro
protexidas polos veciños
e as ecoloxistas desde hai un mes
e que desaloxaron hoxe os de sempre
para talar uns centenarios amieiros

o cronista



23-3-2014

cantiga da eira da xoana




         a luz iolanda pilocha
          e as xoanas todas

eira da xoana ramil
a vella casa de pedra

á beira dunha floresta
cantos ramos queres ti?


eira xa xoana pregón
entre as nubes e o soliño

os desexos colectivos 
círculo de corazóns


eira da xoana palestra
árbores monumentais

avoas das nosas nais
son as árbores senlleiras


eira da xoana o xantar
uns na casa outras na carpa
o sol a chuvia a saraiba
e as árbores a gomar

eira da xoana do ulla
vai o teatro e os contos

van uns poemas e uns trovos 
e outras mans que te debuxan


eira da xoana máis eiras
e moitas foron as voces
as tribos nacen dos bosques
díaz castro e novoneyra

media noite eira da xoana
vai o bardo e o druída
mini e mero con cantigas
todos terra canto e matria


na tardiña a carballa
sobre a casiña da xoana

manolo pipas



23-3-2014

entre as árbores da bouza




a eira da xoana e as súas árbores

convídanme a unha festa polo renacer da terra
e que podo facer eu coas miñas palabras
eu que me apelido piñeiro e son neto dun freixeiro
e nacin e vivo en coia no camiño de figueirido

as árbores ai ás arbores camiño agora entre elas
polo parque da bouza vella co meu caderno de papel
e escribo debaixo de carballos e piñeiros escoitando
merlos e pegas e outros paxaros de aquí
e as cotorras que chegaron de fóra
logo dos arcolitos nos que agora aniñan

unha velliña toda vestida de negro camiña
axudada polo seu bastón de castiñeiro
á beira da bouza a poucos metros
dos altos edificios e dos seus xardíns
de azaleas rosais pexegueiros e aguacates

nos xardíns da bouza nova hai unhas fontes
bancos e columpios para cativos e maiores
entre as palmeiras as araucarias e os chorons
e os nosos sagrados teixos á beira da rúa
pregúntanse porque están tan separados
das casas e os campos orixinarios de maceiras
pereiras níspereiros e nogueiras


na bouza húmida xa criaron as anátidas
e catro andan a pasear baixo os carballos
e debaixo de amieiros e salgueiros
unha parrula vai cos seus dez parruliños
e as cativas botanlles migas de pan
e a suas avoas apoianse na baranda
de madeira de piñeiros de quen sabe
que lonxano ou próximo bosque
se cadra perto da xoana


manolo pipas
imaxe e texto de hai dez días



21-3-2014

entre cantoras e poetas




entre poetas e cantoras recital
poemas e recitado de manolo pipas
cancións interpretadas por servando barreiro
xoves 27 de marzo as 20.30 na cafetería
llave de oro av. camelias 112 vigo

foto de carlosdeteis
nunha actuación no bar hipólito

20-3-2014

o tempo e o equinoccio




o tempo coas súas liñas

as súas curvas as súas espirais
as luces as sombras os astros 

o tempo e as súas formas
e este equinoccio de primavera
tantas horas de noite coma de día
as mesmas horas de sol como de lúa

as sete da tarde poden ser
as doce do mediodía en chiapas
e darémoslle aos carballos
saúdos dos enciños e das ceibas
o sábado na eira da xoana

na imaxe unha duradeira
cerámica  de miguel matías



19-3-2014

nova folla pra eira da xoana




             na casa e eira
         da xoana unha festa
     polo renacer da nosa terra
         e xa lles mando esta
            folla de sobreira

            a eira da xoana
        ábrenos  o seu tempo
     encontro coa pachamama
        e compártolles esta
           folliña de freixo

          nesta casa e eira
       da xoana un encontro
     polo sol pola lúa e a terra
       unha asamblea polas
         árbores senlleiras



            na eira e na casa
        e lugar da xoana aturuxo

     á terra primeira feira das artes
   das letras na golada á beira do ulla
  feira palestras e actividades pra nenos
   realización de artes plásticas poesía
    música roteiro  ritual druídico ...
     o sabado 22 na eira da xoana
       eiradaxoana.blogaliza.org



18-3-2014

a señora da bouza 2




outra señora do parque da bouza

sentada coas súas lembranzas
baixo unha inclinada árbore
pero recibindo o debil sol
no descando do seu paseo

a 15 de marzo