cantos da terra e da tribo

23-3-2014

cantiga da eira da xoana




         a luz iolanda pilocha
          e as xoanas todas

eira da xoana ramil
a vella casa de pedra

á beira dunha floresta
cantos ramos queres ti?


eira xa xoana pregón
entre as nubes e o soliño

os desexos colectivos 
círculo de corazóns


eira da xoana palestra
árbores monumentais

avoas das nosas nais
son as árbores senlleiras


eira da xoana o xantar
uns na casa outras na carpa
o sol a chuvia a saraiba
e as árbores a gomar

eira da xoana do ulla
vai o teatro e os contos

van uns poemas e uns trovos 
e outras mans que te debuxan


eira da xoana máis eiras
e moitas foron as voces
as tribos nacen dos bosques
díaz castro e novoneyra

media noite eira da xoana
vai o bardo e o druída
mini e mero con cantigas
todos terra canto e matria


na tardiña a carballa
sobre a casiña da xoana

manolo pipas



31-10-2013

do equinoccio ao solsticio




do equinoccio ao solsticio
camiña este outono amigo
vai cambiando a cor das follas
e cairán co seu ritmo

vai avanzando o outono
coas últimas colleitas
formas tamaños sabores
son os froitos da nai terra

cantos son os tonos
que ten este outono

do equinocio ao solsticio
o samaín e os magostos
lume da festa dos vivos
as brasas honran aos mortos

e chegando xa o inverno
moitas árbores espidas
outras seguen coa coberta
varios os ritmos da vida

cantos son os tonos
que ten este outono

lariño

Distribuir contido