Xaneiro 2015

17-1-2015

manifa e barquiños de papel

 


a manifestación rotondiana

foi de milleiros de persoas

camiñando a avenida castelao

coas consignas destas semanas

e unhas novas radicais palabras

os barcos de papel son os únicos

que queremos na rotonda

 

centos de barquiños de papel

alfagemes en miniatura

de tamaños e cores varias

e algúns con poemas escritos

centos de barquiños de papel

encheron boa parte do valado

da rotonda de coia


e sumaronse uns poucos

paxariños tamén de papel

na lembranza das aves

que foron expulsadas

cando o concello arrincóu

a vexetacion da rotonda

 

o cronistadecoia

 

 

 

16-1-2015

35 movilización rotondiana

 


esta imaxe da rotonda

do quince de decembro

ten dado moitas voltas

 

ai se os señores policías

se comportarán sempre así

e non pedimos utopías

 

 

pola xustiza social

non máis cartos na rotonda

nen estado policial

 

manifestación hoxe venres

ás 20h dende as travesas

até a rotonda de coia

non pode ser

os cartos na rotonda

e as familias sen comer !!!

 

 

 

15-1-2015

o barco e o temporal

 


hai un pequeno temporal

e moito frío polas rías baixas

e ameazan con traernos

o querido barco alfageme

pero o capitan caballero

e o contramestre regades

teñen medo do iceberg

da asemblea aberta de coia

teñen medo de ser outro

titanic ou prestige

 

o señor davila do farodevigo

cuase-folla-parrokial do alcaldísimo

en cinco semanas de movilizacións

é a primeira viñeta que nos adica!

non lle deixaban antes os seus jefes

ou non o inspirábamos o necesario?

 

o cronistadecoia

 

 

 

15-1-2015

da outra cidade fermosa

 


vivimos nunha cidade surrealista

dificil dura áspera agresiva...

por sofrir tantos golpes e roubos

nas ultimas ducias de anos

 

esta cidade que foi fermosa

entre a ría e os montes estaba nun marco

real fácil amable agarimoso ...

que estragou e estraga o capital e os gobernantes

pero esta cidade está chea de persoas

fermosas como as da imaxe desta cronika

que se arrimaron onte a rotonda

 

e máis veciños e veciñas fermosas

sairán ás rúas de coia mañán venres

na defensa do barrio e das súas persoas

as oito da tarde de travesas á rotonda

pola ética e a xustiza social

 

o cronista de coia

 

 

14-1-2015

o xogo da rotonda

 

 

 

díxonos un policía na rotonda

que este asunto é como un xogo

 

a loita da rotonda de castelao

é como andar a mover fichas

é coma un campionato

da equipa de caballero-psoe

contra a asemblea aberta de coia

con público nas barandas

e a traverso dos medios

cun partido cada día e o árbitro

puxo case todos na nosa rotonda

pero outros foron nas travesas

no pleno na comisaría nos xulgados...

e parece que haberá máis terreos de xogo

 

nós perdimos algúns partidos

pero cada día que non houbo obra

na asemblea fomos sumando puntos

e aínda que poñan o alfageme

ese día é so un partido

e haberá uns poucos máis

 

a asemblea aberta de coia

xoga coa equipa do caballero

compa lectora ou lector ti podes

poñer o resultado a día de hoxe

podes xogar ti tamén

 

o cronistadecoia

 

 

 

 

13-1-2015

que sementan en coia !?

 

 

arrincaron a vexetacion da rotonda

e sementaron formigón e medo

e violencia na nosa coia

 

cada vez que un veciño noso

arrinca un panfleto ou poema

é un acto de violencia

de baixa intensidade

 

nalgunhas accións dos gobernantes

a violencia xa ten un grado máis

alcalde concellais e psoe

caballero carmela regades font...

con mentiras multas e ameazas

estánlle metendo medo aos veciños

 

e a policía que fai ademáis

de coidar das vergoñas do alcalde !?

identificar aos veciños cando van

a asemblea na parroquia

identificar a outras veciñas

no seu posto de traballo

seguirnos até as nosas casas...

 

arrincaron a vexetación da rotonda

e sementaron cemento e medo

e violencia na nosa coia

 

o cronista

 

 

 

12-1-2015

30 na rotonda algo rotos

 


moitos veciños da rotonda

queixanse de que non puderon

dormir na noite polo ruido da obra

 

os obreiros baixo tutela da policía

fixeron o encofrado e formigonaron

e retiraron varios camións de terra

porque nós eramos poucos

para poder parar a obra

xa que os veciños que se queixaban

e outros cabreados coa desfeita

non se suman as nosas accións

 

un alcalde está para mandar obedecendo

e non para meterlle o medo e o terror

aos veciños e as veciñas

 

logo de moitas victorias

hoxe sofrimos unha derrota

eles seguen coa mentira e a violencia

nós temos a razón e a palabra

 

o cronista

 

12-1-2015

29 é tanto o medo que nos teñen !?

 


unha vez máis

con alevosía e nocturnidade

un montón de carros de policía

e os miserables obreiros coas máquinas

entraron na rotonda de coia

as doce da noite

 

é tanto o medo que nos teñen ?

que non poden facelo

as oito da mañán

cando empezan todas as obras ?

 

é tanto o medo que nos teñen !?

 

non pode ser

os cartos e os violentos na rotonda

e as familias sen comer !!!

 

 

11-1-2015

28 defender o barrio non é delito

 


asamblea aberta de coia

porque xurxo somos todos

porque diego somos todas

os dous compas que foron detidos

acusados de exercer unha violencia

que na realidade eles e nós sofrimos

 

e todos demos a cara

por esta causa tan xusta

e a asamblea falou para os medios

no altar dun templo ben distinto

espacio dunhas comunidades de base

e alí estamos veciños e veciñas

cristiáns e tamén apóstatas ateos …

unidos por un barrio e unha cidade

que nós queremos primeiro xusta

e logo fermosa

 

defender pacificamente o barrio

non debe ser un delito


e logo camiñamos

cara a rotonda

 

o cronistadecoia

 

 

 

 

10-1-2015

livros que nom lê case ninguem

 

 

as ideas están atravesadas

neste tempo tan cargado de información

neste tempo de atravesados conflictos

 

a presentación do traballo

livros que nom lê ninguén

foi no bou eva espacio que naceu

dun nome da resistencia do 36

neste centro social aínda con adornos

das recentes festas-conflictos

pero o que máis destaca no bou

todos os días é a súa biblioteca

que non puido sair na foto

 

o editor a presentadora o autor

xosé antóm ana salgado e isaac lourido

son activistas de espacios e procesos sociais

como a mesma através editora

por eso están sentados nesta mesa

e falamos da cultura da historia da política...

desas chamadas poesías e artes sociais

do colectivo das identidades e das entidades

as transicións as transaccións o continuismo

máis conflictos a revolta a ruptura ...

os moitos camiños colectivos pois

 

livros que nom lê ninguém

se cadra os livros dos outros autores

os livros das outras lectoras

e había máis asistentes que o da foto

o autor dela e as compas da barra

 

obrigado polo livro e a presentación

e especialmente polas palabras e páxinas

adicadas a miña colectiva poética

 

manolo pipas

 

09-1-2015

27 pedagoxia rotondiana

 


mentres os rotondianos en travesas

facíamos o noso traballo pedagóxico

falando coas veciñas e repartindo pasquins

e poemas e recollendo sinaturas

a pegagoxía do alcalde foi ben distinta

seguir mentindo e poñer

máis policía na rotonda


onte darredor xa había máis uniformados

e hoxe entraron dous carros na rotonda

e alí están os señores policías ao sol

e so lles falta poñer a mesa

e xogar as cartas ou ao dominó

 

terán medo de que fagamos un tunel

e entremos na rotonda por baixo !??

terán medo de que baixemos nun globo !??

 

o cronistadecoia


 

 

 

09-1-2015

livros que nom lê ninguem

 

 

Livros que nom lê ninguém

é um livro de Isaac Lourido

sobre as relaçons entre a poesia,

os movimentos sociais

e o antagonismo político na Galiza

 

O livro presentase hoxe na A.C. Bou Eva

de Vigo, (Rua Terzo de Fora, 11)

O autor estará acompanhado da professora

e crítica literária Ana Salgado

e de Xosé Antón Serem membro

de AtravéslEditora que saca o livro

 

O autor reflete primeiro sobre uns mapas teóricos:

resistência cultural, elogio da extravagância,

arte e subversom, experiéncia militante,

contra a normalizaçom, os lugares da poesia,

e crítica de poesia em espaços de conflito cultural

para depois, em processos, práticas e trajetorias

analisar a obra e receçom de autores como

Lois Pereiro, Séchu Sende, Manolo Pipas

ou fenómenos como Redes Escarlata

a poesía cantada de O Leo e García

eses Labregos do tempo dos sputniks

e o Festival da Poesia do Condado.

 

...dentro dun deses livros de poesia

que nom lê ninguém.

é un verso de Sechu Sende