Xaneiro 2015

31-1-2015

bandadas de horas

 

 

Apréndeme a bogar apréndeme a ser inqueda

A mirar o mundo máis alá do verde da mesa

Apréndeme a sentir que non é inútil

Apréndeme a aguantar o inverno

dentro das mil primaveras

 

Apréndeme a axudarche a ver que aínda hai ganas

Que o tempo nos deixou pero algo queda

Aprédeme a soltarlle a corda ao vento

Apréndeme a non crer no que ti queiras

 

Mira pola fiestra

Ergue o solpor

Voan bandadas de horas

Agardando por nós

 

Apréndeme a contarlle un conto a vida

Apréndeme a cravar fortes os pasos

Apréndeme a canción desa ilusión

Apréndeme a rodar na terra a sachar o asfalto

 

Apréndeme a restar as sumas e a sumar as restas

Apréndeme a non ser un títere sen cabeza

Apréndeme as leccións nas que non cremos

Apréndeme a bicar os bosques a arrincar as noites

a saltar as serras

 

Mira pola fiestra

Ergue o solpor

Voan bandadas de horas

Agardando por nós

 

alba maría

 

na revolta do berbés

mirei pola fiestra

e alba estaba cantando

bandadas de emocións

do seu disco aínda

 

 

30-1-2015

nestes días

 

 

 

Escapar

 

Poñerse a salvo da chuvia

 

nalgún recuncho

 

da rúa,

 

do feitizo da auga gris

 

nas fochancas.

 

 

Correr entre os reflexos das cores


nas pingueiras que van caíndo.

 

 

E rir-me

 

como se

 

VIVIR

 

 

fose un caramelo

 

 

María N. Soutelo

 

 

poema do libro nestes días

de mariola con capa

de andi irrazábal

presentado onte no andel

cun interesante obradoiro

poético das nosas caixas

queixóns e queixas

mentres fóra chovía

 

 

 

28-1-2015

porque non ven o barco!?

 


está tardando en chegar

o barco a rotonda de coia !

porque non ven o vello alfageme!?

 

porque teñen medo que rompa?

porque a cidade non quere

pasar porriba de nós !?


o alcaldísimo estará agardando

polo cumpleanos da carmela!?

 

será pola acusación de prevaricación

tráfico de influencias malversación...

 

ou tarda en chegar o barco alfageme

porque como todo gobernante absolutista

o alcaldísimo está consultando

as estrelas e o horóscopo!?

 

o cronistadecoia

 

 

26-1-2015

grecia e as democracias

 

 

a chamada democracia grega

avoa da nosa demo-cracia

hai dous mil cincocentos anos

tiña moitos defectos como deixar fóra

as mulleres aos escravos …

 

e a democracia europea a día de hoxe

ten algúns defectos importantes !?

e a democracia dos nosos veciños e socios

marroquis turcos mexicanos... !?

e a democracia de …


o gregos deron onte un golpe na mesa!!

hai alguén aí !?



comentarios a día 31

dime unha lectora que o golpe

non foi tanto pero tampoco

dixen en que mesa foi

na grega que non a europea

e engado que a falta de ministras

no goberno lembra a grecia clásica


o cronista

 

 

 

25-1-2015

lúa froitos e sorrisos



sobre nós

e imaxino que tamén

sobre a vella europa

a lúa debuxa un sorriso

 

como a miña camariña

non capta ben a imaxe

puxen esta outra foto

do encontro de dous froitos

da nosa pequena árbore

que me sacóu outro sorriso

 

manolo pipas

 

 

 

 

23-1-2015

corruptos e rotonda

 


o corruptísimo de bárcenas

saiu onte da prisión

cunha pequena fianza!!

de 200.000 euros!!

caballero ribas regades …

chegarán a ser xulgados

e sentenciados e chegarán

a entrar en prisión!!


se o cartaz fose na porta

da cidade da cultura

serían outros os sinalados

 

o cronista

 

 

22-1-2015

rotonda barco e cartos

 

 

las redes sociales son un hervidero

contra la rotonda de caballero

 

quedou ben o contido e a rima

deste titular da voz de galicia

no que entendemos que quere decir

contra a rotonda que nós quere impoñer

o señor alcaldísimo

 

a rotonda aínda que parece non é súa

a rotonda é de vigo de coia e nosa

e o barco e os cartos tamén son nosos

 

hoxe as seis no lugar dos feitos

concentración esixindo

os cartos que nos rouban

 

o cronista

 

 

21-1-2015

40 que ven o barco



seica a rotondade coia

ten rematada a primeira fase

e o barco alfageme calquera noite

nun peirao do recheo de bouzas

vai subir nun grandote transporte

e lentamente escoltado pola policía

vai chegar á nosa rotonda

 

e como a compañeira rotondiana

pasou entre aquela vez pasiva policía

o alfageme secuestrado pode pasar

entre as nosas conciencias

 

que isto non pase

 

o cronista

 

 

 

 

 

20-1-2015

rotondiano velorio

 


saímos novamente a rúa

nunha marcha nocturna

coa cara descoberta

nunha cuase procesión

vixiados polos lexionarios

coas caras tapadas

 

coas caras descobertas

a asemblea nun velorio

que rematóu nun velatorio

polos dereitos sociais

que perdemos todos

 

o cronista

 

 

20-1-2015

velorio dereitos sociais

 


dereitos sociais

cada vez teñen menos persoas

e na rotonda de coia tiran os cartos

o tempo e a enerxía dos cidadáns

e uns poucos rouban unha parte 

dos impostos de tod@s nós


esta noite un velorio

polos nosos dereitos sociais

pequenas luces nas mans

que coa súa humanidade

se queren concentrar

 

o cronista

 

 

 

19-1-2015

je suis charlie !?

 


je suis charlie je suis charlie …

leo e vexo unha e outra vez

nos medios de comunicación

e porque non poñen non din

nós somos charlie

todos somos charlie!?

porque eles venden

o seu individualismo

a súa propiedade privada


os que imos contra o capital

e as falsas democracias

que encarcelan abogados

decimos nós somos charlie

e todos somos ismael

o ultimo inmigrante morto

en calquera costa

en calquera fronteira

ignorado por todos

 

manolo pipas

 

 

 

17-1-2015

vergoñas e consignas

 


o día despois

nos valados da rotonda

ganchado non quedaba

ningún dos nosos barquiños

esmagados no chan uns pouquiños

barcos de papel que non afinan

coa cidade fermosa do alcaldísimo

 

nas dúas radicais imaxes

de onte á noite na rotonda

recuperada por nós un ratiño

vemos unha das vergoñas do señor

e unha das nosas mellores consignas

 

o cronista