12-4-2012
esperando o leiteiro neira vilas
E ti adiante. Así ten que ser. Un home
non é unha ovella.Perdiches o coche de liña,
cargaches coa maleta que pouco leva e pouco pesa, puxeches pes ó camiño,
e xa estás no Empalme.
Sabes que non podes recuar. Mañán sae o barco
de vigo e tes que entrar nel,nas horas que che dixo
o da axencia, ou quedas fóra. Non hai can que o roia.
E se quedas quen sabe cando volve cantar o cuco,
que son moitos os que marchan e os barcos poucos.
E ademáis caeche enriba o servicio do rei,
que xa non hai rei pero así lle din,e logo quedas movilizado por tres anos,
que disque hai maquis, ou como lle chamen,
nos Pireneos,e venseche abaixo todo o telderete,
mira ti por uns bicos e unhas apertas
máis ou menos, e por unhas bágoas
e unhas recomendas e uns consellos,
que ó fin o que ha de ser será....xosé neira vilasprimeiras liñas de esperando o leiteiroultimo libro do autor de gres buenos aires e la habana con capa do luis seoane presentado polo propio creador do balbinoen vigo na biblioteca xosé neira vilas con victor freixanes e coa lectura duns fragmentos por uxia blancoimaxe dun vello pupitre na fundacion xosé neira vilas que cecais empregou de cativo quen esperaba polo leiteiro