05-4-2014

de kosova a siria





refuxios e campos de refuxiad@s


un millón de refuxiados
sirios colapsan o libano

titular dos medios


catro muros teito e chan moitos corpos atrapados
son refuxios baixo terra e seguen bombardeando

neses corpos cheos de medo
demasiados pensamentos

catro muros transparentes outros corpos atrapados
son aramios da miseria son campos de refuxiados

hai que poucas esperanzas
nesas perdidas olladas

catro muros teito e chan baixo as bombas todo trema
unha nai non quere xogos con pistolas de madeira

nestes corpos cheos de medo
dura loita contra o tempo

refuxiad@s entre aramios son tratados con esmero
por humanitarios corpos por humanitarios berros

esperanzas hai que poucas
ao lonxe sonan as bombas

@s que baixan aos refuxios deixan pintadas no chan
unha diana ben grande pra que saiban onde están

demasiados pensamentos
nestes corpos cheos de medo

refuxiados entre aramios ollan os avións pasar
que na terra que deixaron seguen a bombardear

hai poucas esperanzas
cando baixan as olladas

entre muros de mentiras refuxiad@s nós estamos
nós non queremos ollar nós tamén bombardeamos

escrito en vigo durante a guerra
de kosova 99
e publicado no libro
marzo abril e outros naufraxios