nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
o íñigo e o alberto
esa estraña parella
o carballo de gernika
e o arkolito das pepeleiras
o urkullu de zaldíbar
e o feijóo das residencias
seica teñen sintonía
de gasteiz a compostela
convocando eleccións
no medio dunha emerxencia
ríndose cada xornada
de médicos i enfermeiras
o urkullu e o feijóo
esa estraña parella
que cínicos elementos
da letra grande e pequena
garantías sanitarias
prometen os dous colegas
o que non poden cumprir
comparsas nesta desfeita
submisos pobos norteños
xentes bascas e galegas
aturan o sen-sentido
no medio desta pandemia
o íñigo e o alberto
esta estraña parella
do pp e do pnv
amigos pola dereita
os dous serios presidentes
patxarán likor de ervas
en permanente campaña
son socios por estratexia
polos mortos de zaldíbar
e as mortes das residencias
urkullu e mais feijóo
serán xulgados na audiencia?
o íñigo e o alberto
esta cínica parella
os dous teñen outro virus
poden matar cunha aperta !
cantas mortes valerá
unha sucia presidencia !?
o cronista votante
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)