19-7-2010

o golpe e as bandeiras

quinto poema da memoria da guerra

hai setenta e catro anos
houbo un golpe de estado
un golpe ao estado e as persoas
porque moitas destas persoas estaban
construindo outro tipo de estado

houbo un golpe de estado
unha guerra un xenocidio unha dictadura
e miles dos chamados paseados
foron enterrados en anónimas foxas
que se están a levantar nos ultimos anos
pero moitos deles seguirán como anonimos
mentres alguns dos coñecidos da dictadura
seguen libres sen pagar polos seus crimes

houbo un golpe de estado
un golpe ao estado e as persoas
unha guerra un xenocidio unha dictadura
e xs democratas eran chamados rojos  e rojas
e nestas ultimas semanas sofrimos
unha invasion das bandeiras
da dictadura cos escudos da monarquia
e outros noxentos simbolos
e unha invasion que non para
das chamadas camisolas de la roja 

outro golpe á memoria

o cronista

desde o parque da miñoca
antes lugar do xuncal
a 18 de xullo do 2010