verso a verso
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
nota a nota
a lua a noite
xa toda rota
e chegou teca barreiro
doutro país das nubes
e falou dalguén que ten
unha mirada de tamarindo
e dixo que o negra sombra
ten forma de cova e útero
e a este lokal tan escuro
trouxo todas as cores das illas
e falou de ausencias e regresos
con versos entre brasil e canarias
a teca tan ben acompañada
pola guitarra de paco barreiro
e a festa dos sentidos sumouse
a armónica de xico de cariño
destellos en el vacío lampejos
no vazío o bilingüe libro
que nos presentou a teca
manolo pipas
envolventesaspalabras.info espazo coordinado por lariño
realizado e albergado en promathea ;)