26-10-2014

fáltannos moitos compas

 


a represión en guerrero

as mortes e as desaparicións

removéronme os casos doutros compas

 

 

fáltanos el tío

 

un tempo sen saber de ti

pensamos que marcharas

e que logo voltarías

 

la otra atenco el plantón

a horta colectiva en xochimilco

grandes e pequenas loitas

e dubidábamos da túa ausencia

naquel abril do ano pasado

 

o brutal golpe ao kuy

nunha pacífica protesta

na investidura de peña nieto

e ti foche testemuña

e ti un compañeiro tan calado

agora tiñas a palabra

pero por iso te desapareceron

semanas despois denunciaron

os teus compañeiros da sexta

 

o mal goberno outra vez

golpea a quen coa palabra se revela

e golpea a quen defende ao golpeado

 

as vosas palabras

kuy kendall e teodulfo el tío

vivas nas voces dos vosos compas

 

 

ao kuy vino en varios eventos

e ao tio coñecino pero trateino pouco

naquel último plantón campamento

polos pres@s de atenco e da sexta

no penal de el molino de las flores

nas aforas da cidade de méxico

e peña nieto o presidente deste país

é o responsable da morte do kuy

e da desaparición de el tío


manolo pipas