Xuño 2017

13-6-2017

represores e manifestantes



a imaxe que da pe ao texto
saqueina o pasado dezasete
de maio en compostela pouco antes
de entrar no centro historico
onde vos non pudestes entrar o sabado
e aquel dia a presencia dos violentos
uniformados era respetable pero innecesaria
nós eramos miles na defensa das letras da lingua...
pero aquel dia non quixemos okupar
os nosos espacios roubados por eles

se cadra alguns deles querian
facer maniobras pero non lles deixaxon
se cadra eles querian queimar
as nosas imaxes de rosalia e castelao
e as supostas persoas que ian dentro das furgonas
se cadra son as mesmas que puderon
empregar parte da sua violenciaen compostela

estes dias contra pacificxs activistas pra manter
o estado postfranquista que sofrimos

escanio e maldizer somos todas !!

o cronistanadistancia



12-6-2017

parque luces e sombras

 


as luces e as sombras do parque
as oito e media da mañan
e mesmo sae a sombra
da miña cabeza mimetizada
coas sombras e luces
imaxes e poemas

na bouza

 

 

10-6-2017

tatán o do chapeu

 


pianiño tatán poc a poc
segue esprimindo o chapeu
xunta un feixe de cancións!

tatán tanxarina trovador
que levas contrabaixo do chapeu?
agora traes distintas emocións!

tatán con dúo trío cuarteto...
cantas formas ten o teu chapeu
flaco amigo do chapeu inquieto?

cando vai dormir este tatán
colga do seu percheiro o chapeu
meu vello amigo até mañán!

canta o compa hoxe logo da unha
na praia de cesantes no millo
verde antes ou despois
de sofia espiñeiro

manolo pipas

 

09-6-2017

escarnio e maldizer

 


 

escarnio é mofa e burla
e as cantigas de escarnio e maldicer
forman parte da nosa tradición

os golpes das forzas de represión
forman parte da tradición deles
e son moito mais que a burla da inxustiza

seica non hai permiso para manifestacion
pero as forzas represoras tenhen permiso
para facer as suas maniobras
e para deixar danos colaterais

a 9 de xuño


e non puideron entrar no casco vello
e  como okuparon un espacio abandonado
os violentos uniformados mallaron
nos pacificos activistas

11 de xuño

 

 

08-6-2017

xeranio e piñeiro

 


o pequeno xeranio
en primeiro plano

o grandote piñeiro
no papel secundario
que bo compañeiro

por samil

 

07-6-2017

libre natureza



chegan uns e outras ao panel
a colar cartaces con mensaxes
pero nada pegarán tan libre
como as ventureiras nubes
e como esta inmóvil
árbore das piñas

en samil

 

05-6-2017

o solpor as paredes a mensaxe

 


imaxe do solpor do venres non temos
pero si a do dia antes agardando
horas e horas por un mal profesional
colega dos malos gobernantes de redondela
que non chegou co seu cargamento…

esta tarde fun de coia á vila dos títeres
ás vedes nós parecemos titeres dos darriba
e fun no bus pola estrada dabaixo
pero non puiden parar no mistura teis
o xoves nel teremos nova xuntanza…

polo camiño vin moitos cartaces
que nós coláramos paredes e paneis
uns enteiros outros medio tapados...
e haberá tamén dentro dos lokais
todos eles dias despois do concerto 

berrando contra o machismo
e algúns rotos como o da foto
crearon unha nova mensaxe

certo por sesé

o cronista


03-6-2017

intensa noite por sesé



sinto non ter sacado
ningunha foto no concerto
nen na intensa tardenoite
escribir un solo verso
que non me deron as mans
e tampouco me deu a cabeza
festival fermoso triste fermoso…
sesé somos todas inmensa noite aberta


compártovos a ultima imaxe
que captou a miña cámara
horas antes de que abriran as portas
coas faixas das colectivas feministas
con exceso luz e ningunha compa
coma se estiverades todas


o grupo de apoio xs veciñxs de chapela

as pandillas de rapazada as bandas musicais

as presentacions os poemas o manifesto

a lua a ria e vos que quixerades reventar...

graciñas por vir
e por este festival encher
con moi boa vibra por sesé

pipas

 


...cando empezóu a chover
algunhas, non fun eu sola,
percibimos a chuvia
como unha mensaxe de emoción
por parte de Sesé,
tamén me fixei no solpor
cunha luz moi especial desas máxicas,
abríronse un pouco as nubes
e me pareceu un sorriso por parte dela...


carmen laranxa

nun correo




02-6-2017

agardando por todas



neste moderno
portatil e rodante turreiro
falta moito por montar
subiuse a faixa e sobe a calor
a unha da tarde en chapela
agora iran os altavoces
as luces outros trastes e mais cables
e moitos mais metros de loita feminista

a faixa da ponte das persoas
que estivo soa estes dias
tamen agarda por centos
de corazons solidarios

a rapaza soa no escenario
frota os seus ollos …
ela tamen agarda por vos todas

pipas

01-6-2017

dinosaurios banqueiros policias

 

 


… correrán el telón
y saldrán los dinosaurios

    sesé  


os dinosaurios
son animais do jurásico 
e desta era tamén parecen
banqueiros xulgados policias...
con pouco cerebro e moita forza
botando ás familias á rúa

e os malos gobernantes
danlle ás costas ás súas veciñas
e mesmo aos seus votantes
e as veciñas danlle ás costas
aos estupidos e insultantes dinosaurios

o cronista