Novembro 2017

09-11-2017

sentimento

 


imaxino que a rapazada
estivo aqui pra comprobar
e sentir os estragos do lume
as cativas que cada vez entenden
menos a nosa agresiva sociedade 

as follas a palla

os fentos as landras...
vida sobre a terra queimada...

por navia


08-11-2017

o fedor e o silencio

 


ainda hoxe 8 de novembro
vintecatro dias despois do lume
hai un tremendo fedor no monte
e un tremendo silencio
e non sentimos a presencia
de nengun insecto nengunha ave

nestas terras de navia de carballos

silveiras e lixo moi perto das casas


e perto pasa un coche
e sinto tamem o triste chiar dun paxaro

pipas



07-11-2017

coitado martim codax

 


as sete cantigas de martin codax
no pergamiño vindel coas suas partituras
están expostas en alcabre no museo do mar
en voltar tardaron oitocentos anos
e as marcas do tempo están ben visibles
no pergamiño medieval que nos emociona
pero que so está de visita

na exposicion interpretanse as cantigas
entre textos e esculturas daquel tempo 
e cadros de varios pintores do mar
como urbano lugris con paisaxe con illas
e hai moita presencia das formas cristians
e as cantigas de s maria asinadas polo rei sabio
pero nada se fala das profanas cantigas de amor
e menos das de escarnio e maldizer
reveldes estas ultimas cantigas
que a xunta do pp molestan

por certo que a universidade
queria facer a exposicion
no centrico e mellor acondicionado
museo do marco pero parece ser
que o alcaldisimo non quixo

cantas preguntas as ondas
martim codax ou mesmo martiña
e as ondas levan seculos falandonos
e non as queremos escoitar

ondas do mar de vigo
se vistes meu amigo
que fuxiu polo mare
desta inxusta cidade...


na imaxe sobre o pergamiño

o reflexo do cadro de urbano

lugris paisaxe coas illas


 

 

 

07-11-2017

cantigas de amigo

 


Quantas sabedes amar amigo
treides comig' a lo mar de Vigo.
E bannar nos emos nas ondas!

Quantas sabedes d´amor amado,
treides comig' a lo mar levado.
E bannar nos emos nas ondas!

Treides comig' a lo mar de Vigo
e veeremos lo meu amigo.
E bannar nos emos nas ondas!

Treides comig' a lo mar levado
e veeremo' lo meu amado.
E bannar nos emos nas ondas!


Ai ondas que eu vin veer,
se me saberedes dizer
por que tarda meu amigo sen min.

Ai ondas que eu vin mirar,
se me saberedes contar
por que tarda meu amigo sen min.

martim codax


duas das sete cantigas

e o pergamiño esta exposto
en alcabre no museo do mar
logo xa vos conto


06-11-2017

arcolito e piñeiro

 


o arcolito australiano
e o piñeiro mediterraneo
os dous chamuscados
comentan das suas vidas
no medio dos montes arrasados
- que facemos nós acá compañeiro
- darlle cartos as celulosas e madereiras
e espallar os lumes como dispón o goberno

e din o arcolito australiano
e o piñeiro mediterraneo
- coitados dos salgueiriños
os castiñeiros os carballoso
os animais as casas dos paisanos ...

imaxe na móo matamá


05-11-2017

tonos da chuvia

 


a música
ten muitos ritmos
moitas melodías
tonos cadencias...
as músicas da chuvia

imaxe da concentración
polos presxs politicxs
de catalunya

 

 

04-11-2017

represaliada catalunya

 


a mesa redonda co lexitimo govern de catalunya
pero desta mesa hai oito persoas presas
unha en liberdade condicional e outras cinco
fuxidas da represion das leis espanyolas

oriol junqueras meritxell borràs
dolors bass joaquim forn raül romeva
jordi turull  josep rull e carles mundó
santiago vila
carles puigdemont  mertitxell serret
clara ponsatí  antoni comin e lluís puig

e carme forcadell presidenta do parlament
e toda a mesa da cámara declarará no tribunal
supremo por traballar por catalunya

e o jordi cuixart e jordi sanchez
levan presos desde o dia 16

non esquezades os nomes
pacifistas persoas represalidas
no estado espanyol polas suas ideas

imaxe vilaweb.cat


03-11-2017

presxs polas suas ideas

 


o odio é un delito ou un sentimento?
os malos gobernantes os explotadores
os represores os xuices sen etica...
movense por odio por vinganza
e acusaban aos independentistas de odio!

espanya é un estado fallido
producto dos reis catolicos
dos borbons de franco do pp...
e moitos ainda o descobrides agora


consellers e vicepresident

son politicos presos claro que si
pero estan presos polas suas ideas
e enton son presos politicos

presxs politicxs coma nas dictaduras


visca catalunya lliure 



 

 

01-11-2017

tonada para viglietti

 


a súa guitarra cunha corda rota
un simbolo que despide ao cantor
daniel viglietti en tono rigor
grande obra que a morte derrota

contannos que o teu último concerto
auditorio batalla de las piedras...
a túa batalla sempre foi a terra
coas suas xentes nos teus versos

segue moi lenta a desalambrada
daniel meu vello mestre oriental
desgarrado o teu ultimo recital
cunha corda rota a tua guitarra...

manolo pipas