Novembro 2017

28-11-2017

trova de silvio



De la ausencia y de ti,Velia

Ahora sólo me queda
buscarme de amante la respiración,
no mirar a los mapas, seguir en mí mismo,
no andar ciertas calles, olvidar que fue mío
una vez cierto libro, o hacer la canción
y decirte que todo está igual:
la ciudad, los amigos y el mar,
esperando por ti.

Sigo yendo a Teté semana tras semana.
¿Te acuerdas de allá?
Hoy habló de fusiles  despidiendo muertos.
Yo sé que ella me ama;
es por eso tal vez que te siento en su sala,
aunque ahora no estás.
Y se siente en la conversación;
o será que llegó la impresión
de la ausencia y de ti.

No quisiera un fracaso
en el sabio delito que es recordar,
ni en el inevitable defecto que es
la nostalgia de cosas pequeñas y tontas,
como en el tumulto pisarte los pies
y reír y reír y reír,
madrugadas sin ir a dormir…
Sí, es distinto sin ti; muy distinto sin ti.

Las ideas son balas hoy día,
y no puedo usar flores por ti.
Hoy quisiera ser viejo y muy sabio
y poderte decir lo que aquí no he podido decirte:
hablar como un árbol con mi sombra hacia ti,
como un libro salvado del mar,
como un muerto que aprende a besar
para ti, para ti,
para ti, para ti.

silvio rodríguez

mañán o trovador cumpre anos
e cantarémolo na noite da cova 


26-11-2017

feminismo para vivir

 


a manada somos nós
berran e cantan as compas
desta ría até vinaroz 
de extremadura a nafarroa

a complicidade institucional
é violencia criminal
e o palco que fixeron ben

en ocupar as compas
puxoo a institución viguesa
para a patética inauguración
do noxento alumeado da machista
celebración navideña-consumista
e pagámolo todas nós sen querelo

feminismo para non morrer

non é un caso aillado é o patriarcado
o machismo é unha enfermidade
de transmision social

non son mortes son asasinatos
xuices machistas fora dos xulgados

o machismo é o terrorismo

non estamos todas faltan as mortas
feminismo para vivir...
e moitas mais verdades

e consignas

a manada somos nós
berran e cantan as compas
desta ría até vinarós 
de extremadura a nafarroa...

o cronista


26-11-2017

da revolucion de outubro

 


aquela rusia dos zares
do báltico até as siberias
hai cen anos que caiu
con moitas das súas miserias

europa mui preocupada
monarquías e igrexas
empresarios e banqueiros
din que é unha traxedia
os bolchebiques anuncian
outro tempo pra estas terras

do mil novecentos cinco
até o ano dezasete
foi un proceso mui longo
por un mundo diferente...

versos lidos na revolta
con outros para fidel na palestra
organizada polo pcpg pola revolución
de outubro 100 anos despois
e no cabodano de fidel castro
na foto tonio nogueira xose lois
romero jose antonio solana consul
de cuba duarte correa
e bruno carbalho

manolo pipas

 

25-11-2017

lugares do comun

 


vicvs punto un lugar do común
conta beto luaces luis de cabral
entre eses paises dos ananos
e o suido un espacio que se nos vai

mansións sobre a ría e o casco vello
cacos e polis e esas urbanas ratas
os chozos e os foxos dos lobos
e as manadas de traxe a garabata

vicvs e os lugares do común
e a buxaina parada cincoenta anos
graciñas meu amigo do berro novo
que sigan as voltas dos teus ananos


vicus. un lugar do común
de beto luaces presentouse
onte na libraria cartabón
imaxe magda sánchez
versos manolo pipas


23-11-2017

traxico cambio climatico

 


este chamado cambio climático
é o froito do home das fábricas
as mineiras nucleares e térmicas
andan moi tolos os termómetros
lembrades as chuvias ácidas?

e hai sequía nas rexións húmidas
baleiros encoros aldeas máxicas
descobrimos neles e sona a música
coas súas notas máis esdrúxulas
nas campás máis tráxicas

escribo a beira do atlántico
inzado de arcolitos e pináceas
os lumes son delitos máximos
que acaban cunha terra única

e inda negan o cambio climático

un récord de CO2 na atmósfera

millons de carros ese cruel tránsito

e somos tristes títeres do económico
transitando cara o abismo sen pánico
meus queridos rostros pálidos


o náufrago cronista


 

21-11-2017

as manadas e la manada

 


unha manada é un grupo
de mamíferos salvaxes ou domésticos
os salvaxes agrúpanse para conseguir algo
defenderse dun depredador ou atacar a presa
e os domésticos agrúpanse para defenderse
dun animal salvaxe co seu medio natural roto
e os mamiferos domésticos tamén son agrupados
polos seus donos para conseguir algo deles
coma unha manada de cans de presa

la-manada defínese un grupo de cinco
sevillanos que gostan dos sanfermines
e eles non son domésticos nen salvaxes
están asilvestrados que é outra cousa
e agrúpanse para facer dano por puro pracer

aos homes desta manada góstalles
a festa o alcohol e outras drogas o seu ego
dominar as mulleres a juerga desmedida...
e publicar as suas correrías en internete  
como abusar sexualmente dunha rapaza de 18

esta manada de cinco bestias digo homes
que está a ser xulgada ten moitos cómplices
que calan e miran pra outro lado
e outros que minten ou manipulan

tamén as feministas van en manada
defendéndose de tantos machistas
construindo un mundo menos malo

o cronista

 

20-11-2017

defendamos as covas

 


de salvaterra escriben as compas
mui preocupadas polo futuro
das nosas queridas covas...

as covas de dona urraca
queren entregalas ao viño
da cultura queren apartalas

lugares cheos de historia
covas do miño e do condado
salvemos as nosas covas

as covas do festival da poesía
espacios da comunidade e das artes
ocupémolas con poemas contos cantigas...


imaxe sofia espiñeira nas covas

festival da poesia 2016


triadas  manolo pipas




19-11-2017

das mortes do prestige

 


van 15 anos do afundimento do prestige
logo de que tivera un acccidente
e de que o des-goberno do pp
o pasease fronte as nosas rias
e sen exito quixera levalo cara
as costas de portugal e francia
e o 19 de novembro as 8 da manhan
o barco partiu en dous e seica
se afundiu no atlantico...

e non foi un desastre nen castrofe
foi un delito e unha traxedia
delito desde os donos e a aseguradora
pasando por todos os portos que
incumprindo as leis o deixaron pasar
ate o goberno do pp de aznar-rajoy

as costas e os fondo arrasados polo
fuel e outros lixos que ian  no medio
e millons de animais e vexetais mortos
e as persoas mortas do prestige son catro
pero non se reconhece a todos

man o aleman de camelle enfermo
deixou de comer e morreu de pena
un pecebeiro suicidouse
un marinheiro vasco limpando
chapapote sofriu un golpe e morreu
e un traballador de tragsa
en accidente limpando chapapote
tamen morreu polo prestige e o pp

seguen a pasar miles de barcos
parentes do prestige polas nosas costas
e ainda que non sofrimos outro derrame
este segue a ser o pais do chapapote

o cronista

17-11-2017

solitaria arbore

 


esta arbore de terras humidas
debeu nacer nunha lameira
pero os homes xa sabedes
que lle dan voltas ao medio
verdade amigo salgueiro

espedrigada coia

15-11-2017

as mortas do lume e a policia

 


o monte de chandebrito
foi arrasado polo lume
e fuxindo das casas morreron duas mulleres

tamen ardeu o seu castro
el que antes protexia a aldea
e agora hai medo de que caian
os penedos sobre as casas
e os outros danos colaterais
do lume son as mentiras e a inxustiza
que leva xa un pes golpeando a aldea

os policias que decidiron
que fora evacuada a aldea
xa levaron premios e condecoracions
e parece ser que eles sen querelo
e por un posible erro son complices
ou calpables da morte destas mulleres

unha das familias e a aldea queixanse
da decision errada da policia
e estes ainda ameazan con medidas legais
para salvar a sua sucia honra


o cronista


13-11-2017

loureiro e horta

 


o solitario loureiro
é o coidador da horta
eses agresivos edificios
pararon de medrar neste lugar
e os campos seguen dando vida

campo da pantoxa



11-11-2017

os bastons e as varas

 


os bastóns de mando das alcaldesas
e alcaldes independentistas catalans
tamén son bastóns para caminyar

pero agora o golpeado autogoberno
coxea un pouco da perna esquerda
ou será da dreita?
ou coxea das dúas?

os bastóns ou varas de mando
dos gobernos municipais tamen
tenyen a súa orixe nas varas
de medir da xustiza
tremendo paradoxo

a xustiza espanyola
sen ter levado golpe ningun
coxea das duas pernas