Abril 2026

08-4-2026

cuba tempo de apagóns

 

falta a enerxía en cuba

 

duro tempo de apagóns

 

uns preguntan canto queda

 

daquela revolución

 

houbo erros dos gobernos

 

e ninguén dixo que non

 

mais os danos do bloqueo

 

todo o tempo os golpeóu

 

bloqueo económica guerra

 

e ameazan a invasión

 

é incrible a resistencia

 

do turquino ao malecón


 

marzo 2026


 

08-4-2026

aquí estóu de novo

 

boa terra

lectoras e lectores

aqui estou de novo


agardo que andedes ben

escusade a miña longa ausencia

primeiro foi por falla de creatividade

e logo por problemas técnicos

e por andar afastado e ser mui crítico

coas empresas-pseudo-redes-sociais 

e despois porque mui poucas amistades

e lectoras preguntaban pola miña ausencia


a idea é ir publicando textos

escritos nestes meses pasados

e algúns doutras autorias

e novas creacións se van saindo


unha aperta

 

manolo pipas