26-8-2026

africana ceuta

 

ceuta cidade autónoma
territorio español en áfrica
fronteira sur de europa
enclave militar …
a clave está nas palabras
e no que non se quere decir

mediterránea e africana
ai ceuta e serve para melilla 
que definicións máis feas
pero tamén poderíamos decir
os últimos restos da colonia
e elas tampouco son marrocos

lembro que os da miña xeración
e sobre todo os das anteriores
o medo que tiñan se lles tocaba
facer a mili en ceuta ou melilla

e a maioria pasárono mui mal 

un insubmiso
a todos os exercitos