05-6-2011

de chernobil a palomares


chernobil

escribo e ledes este nome
con medo e con terror

nestas semanas de fukushima
removese moito a historia de chernobil
e escoito nun programa de radio
como a cidade abandonada
é visitada puntualmente por grafiteiros
e alguns amantes das palabras
e contan que hai pouco
alguen escribiu nas suas paredes
perdoame cidade miña

de chernobil a fukushima
de lemoniz a xove
de mururoa a palomares
hoxe é dia do medio ambiente

o cronista

posdata necesaria
o ministro franquista fraga
nunca se deu un baño en palomares
logo de que ao avion yanqui
lle caira unha pequena bomba nuclear
que a secuencia famosa co embaixador
foi grabada en costas do cantabrico