15-11-2015

todos somos paris e alepo

 

 

todos somos parís

leo nos letreiros das paradas

e nos buses da miña cidade

 

de parís so coñezo

o seu macro aeroporto

nese espacio e nos seus avións

camiño de oaxaca teño escrito

alguns versos mestizos e pacifistas

e con compas de parís teño andado

por chiapas nos zapatistas espacios


lembro nun transbordo aquela pequena

mochila esquecida por alguén no chan

e os terrorificos policías franceses pensaron

que podía ter unha bomba dun terrorista

e nós tivemos que dar un longo rodeo

pero foi unha falsa alarma dos falsos

 

de parís gosto moito das súas chansons

e os poemas e otras artes que nela naceron

pero non da súa fálica metálica torre

e gosto dos discos dos exiliados alí grabados

as cantigas proibidas nos seus paises

como o mesmo grândola vida morena

pero eran outros tempos

 

todos somos parís pois

leo nos letreiros das paradas

e nos buses da miña inxusta cidade

que solidario o goberno municipal

cos mortos de occidente e de primeira

e todos somos francia mali gaza e sahara

e todos somos ayotzinapa mururoa e alepo

 

parís a capital dunha centralista

e imperialista república da liberté

egalité fraternité que falacia de estado

que nen recoñece os dereitos

dos franceses que teñen outras linguas

orixinarias ademáis da lingua do imperio

 

todos somos parís si compas

pero mellor todos somos parisiens

inocentes e anónimos veciñxs do sena

que quixera desembocar no mediterraneo

 

o cronista