01-5-2014

1º de maio e sombras




día da festa do traballo

escoito a unha voz na radio
festa a dos do capital nas súas
mansións nos seus veleiros ...

e nós seguimos saíndo a rúa
camiñando o asfalto que nos deixan
por unhas poucas horas
ordeados educados submisos...
e logo imos aos bares a tomar algo
e falar das nosas vidas
das nosas derrotas e soños
o noso camiño as nosas sombras

manolo pipas