15-10-2014

das outras educacións

 


xornadas de autonomía indixena en compostela

mercado de lusco fusco parque belvís terra e pedra

 

as outras educacións na casa da natureza

preséntanse os proxectos

compártense as experiencias

 

esta mesa é redonda

pedagoxía da terra

as sementes a saltiños

como as zapatistas lentas

 

temos o ritmo da horta

o consenso a asamblea

na escola deben medrar

entre xogos as pequenas

 

 

nun encontro con educadoras

e persoas vinculadas a semente

á nova escola galega á pedagoxía

waldorf á escola unitaria oficial

o mst as comunidades zapatistas

e unha lembranza a pumariños

 

a 14 de outubro construindo

manolo pipas